Os grupos musicais do Carballiño mostran o seu descontento por non contar con eles para as festas do San Cibrao

28 Jul 2009
(Redacción. Belén González) A Asociación 8 Notas mostrou na "Mañá de Cope O Carballiño" o seu descontento cos organizadores das festas patroais deste ano por non contar no cartel de actuacións con ningún grupo musical carballiñés. Miguel, un dos integrantes da asociación musical composta por 80 persoas, pediu nos micrófonos do noso programa que se conte cos grupos locais, porque o que eles queren é tocar nun bo escenario e contar cun equipo de son axeitado; ademáis tamén afirman que lles gustaría ser teloeiros dalgún grupo importante e non ser reclamados soamente para tocar nunhas festas de menos envergadura que as do Setembro.
Outros dos reclamos dende a asociación é o local de ensaio, un proxecto que foi aprobado polos grupos políticos no Carballiño cando o BNG estaba na Xunta. Despois de varias reunións, os diferentes partidos políticos déronlle luz verde ó proxecto e o concello enviou tódolos papeis precisos, pero ata o día de hoxe non se voltou saber nada. Nun principio, o local íase ubicar no baixo do pavillón deportivo Paco Chao.
8 Notas bótalle en cara ó grupo de goberno municiapl que deixase de lado a idea do local de ensaio. A esperanza que lle queda é Argimiro Marnotes, o voceiro do Grupo Municipal Popular, que fará de intermediario para traer o proxecto para aquí.

Comentarios

É vergonzoso que as festas do

É vergonzoso que as festas do Carballiño se convertiran no que son, pasamos de ter unhas das mellores festas a unha das peores, ata ribadavia ten mellores festas e mellor cartel,nos temos a Complices e eles tiveron a M-Clan, por favor. Onde quedaron, Tennesse, La Union, Los Inhumanos, Sergio Dalma,Civera, Loquillo? Grupos que actuaron nas nosas festas condo estaban en pleno apoxeo e agora temenos que conformar con grupos de segunda. E non falemos das orquestas, esta moi ben ter ocupados tantos dias pero se perguntasen o que a xente prefire seguro que non lle dirian que non a ter a Panorama, como a tivo Dacón, e a Paris de Noia en lugar de Nova Moda,que con todolos meus respetos non é unha orquesta para una festa como as do Carballiño. Por favor miren atras e intenter recuperar o que tiñamos.

Os grupos deste ano das

Os grupos deste ano das Festas non poden ser peores: a Cómplices xa lle pasou ó tempo, pois é un grupo vido a menos só para nostálxicos e Navajita Platea despois de que canten "Noches de bohemia" xa nos podemos ir marchando do concerto como non nos canten esta canción en versión disco, en versión rap, en versión extendida ou con subtitulos. Moito me temo que éstes van acabar como aquel grupo que viu nas festas e so se fartaron de cantar "Fenómeno" un cento de veces e aínda así non tiveron público. Con semellante cártel de actuacións pódese dicir que as Festas do Setembro pasaron a millor vida. Que en paz descansen. Amén.

Moi ben. Dende a Casa

Moi ben. Dende a Casa Consistorial do Concello do Carballiño, lugar onde supoñemos se planifican as festas do setembro, un ano máis caen na desidia e na falla de interés. Que magoa! Xa recordou Xan Pinal hai uns días, que, fae uns 18 anos, un grupo non pequeno por certo, organizou unhas festas alternativas que se celebraron no parque e co éxito suficiente para que os que participamos dela, ainda teñamos na nosa man a organización dunha nova edición. Señores concelleiros, señoras concelleira e demais membros do comité organizador das festas : Poñen vostedes de manifesto ano tras ano, que non teñen capacidade para organizar eventos de calidade. Si ben é certo que moi dificilmente se pode contentar a todo o mundo, dende logo é evidente que vostedes teñen o don de descontentar a maioria. Mal gusto, pouco afan, e agora, para lucir un pouco máis o panorama, despreciamos os grupos locais. Veña que si, que dende a organización xa teñen música bastante. Voulles recordar, que un SEÑOR ALCALDE que o foi durante bastante tempo hai anos xa, solicitaba ano tras ano, a colaboración dos grupos locais para encher os ocos e tamén as vísperas de grandes noites. Por aquel entonces había bastante menos orzamento para as festas que na actualidade, e con poucos billetes contentaba a cea e algún gasto máis dos grupos locais e foraneos que viñan ofercer a súa música os veciños do Carballiño e Comarca. E si non había público para todos eles, alomenos había ambiente, e faciase con CARIÑO E INTERESE polos demais, non como agora. Comisión Festeira, hai que saber de onde se ven, para ser capaces de chegar onde un quere. E non esquecer quen fomos porque algúns AINDA TEMOS MEMORIA. Maria

Cada vez as festas do

Cada vez as festas do setembro perden máis. Chámame a atención a estraña fixación que ten o concello por traer sempre flamenco entre o seu "amplo" elenco de actuacións, teñen comisión por iso? En fin, non haberá grupos máis actuais para traer, porque Navajitá Plateá ten pouco máis dunha canción famosa coñecida e non creo que aquí no Carballiño haxa moi arraigo a este estilo musical...En fin, e non contar coa xente do pobo xa é o que altaba e despois din que a xente colabore para subvencionar as festas e que hai que comprometerse co pobo para que saía adiante? con este panorama dan ganas de fuxir do Carballiño, porque ano tras ano as festas deixan moito que desexar.

Dende logo os nosos

Dende logo os nosos gobernantes municipais non teñen perdón de Deus ó discriminar deste xeito ós mozos que forman parte dos distintos grupos musicais da nosa vila, pois dende os tempos nos que a Pepa a Loba bailaba a yenka na punta do pé os grupos musicais do Carballiño amenizaron as festas do Setembro. A este paso nas festas do Setembro acabaran tocando os membros do grupo de goberno nos que o cantante e acordeón sería Carlos Montes, o baixo Manolo Dacal, o órgano a muller do Pachi, a guitarra eléctrica Inmaculada Ucha, o saxofón Francisco Gómez , a batería Edelmiro Mateo e as maracas, a flauta, os timbales e a guitarra Asunción Rivero.

QUE SE PODE ESPERAR DUN

QUE SE PODE ESPERAR DUN GOVERNO SIN ESPIRITU NIN ILUSION, QUE SOLO TRANSMITE APATIA E OS DO BLOQUE QUEREN XUNTARSE. VAI SANTA COMPANIA VAN FORMAR. GRUPO DE GOVERNO VAIASE XA. ROXELIO