Os socialistas de Leiro lamentan que o PP non apoie a petición para suprimir os pasos sobreelevados de Gomariz

27, Outubro 2011

Os socialistas de Leiro lamentan a actitude do alcalde que por non aprobar unha moción socialista mantén o perigo que constitúen uns badéns que incumpren a normativa vixente no pobo de Gomariz. O presidente da agrupación, Ángel Sanmarful, explica que o propio alcalde aceptou no pleno que estos badéns non son axeitados, xa que de feito se comprometeu a pedir un informe técnico.

 “Non confiamos na súa palabra porque outras veces comprometeu actuacións que logo non cumpriu, pero neste caso estamos a falar da seguridade viaria dos vehículos  que pasan por alí, e de aí a importancia deste tema”, explica. Os badéns constitúen un risco permanente para os veciños porque alongan a distancia de frenado incluso máis do dobre, o vehículo salta e o ABS se dispara, e que rompen o carter e outras pezas do coche ao chocar co propio badén ou ao “aterrizar”, e mesmo provocar saídas de vías. Algo que en moitas ocasións xa ocasionou contiosas multas noutros concellos.

Os socialistas expuxeron no pleno outras alternativas como arañar a calzada con trazos transversais de 1 cm de ancho e alto, o que aumenta o ruído da rodadura, e permiten frear mellor incluso con auga. Ademais, os socialistas aclaran que aínda que a instalacións de badéns é competencia municipal, as características técnicas dos mesmos son competencia estatal, e teñen que cumprir a normativa vixente, cousa que non ocorre no caso que nos ocupa.

 A xuízo dos socialistas o cinismo do PP chega ao extremo de que no propio pleno dixeron que se a moción só puxera “adecuar” e non “demoler” os badéns, entón votarían a favor da moción. “O que está claro é que se así fora, a noticia sería que votaron a favor unha moción socialista, algo nunca visto e que non sei se teremos oportunidade de ver”, conclúe.