Os Socialistas de Leiro votan en contra dos orzamentos municipais por consideralos inxustos e incompretos

3, Maio 2010

O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, apuntou que “ O Grupo dos socialistas de Leiro votamos en contra da aprobación dos presupostos para 2010, despois dun tenso debate. Neste senso o socialista engadiu “que o alcalde claramente nervioso propinou unha serie de insultos dirixidos a miña persoa, ademais, mentres facía uso da palabra fun interrompido en numerosas ocasións”

O concelleiro socialista explica que “a razón pola cal votamos en contra dos presupostos e porque están pensados para uns poucos e non para o conxunto da cidadanía de Leiro”. Neste senso engadiu que “non aparece recollido un imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, non hai unha taxa sobre as terrazas das prazas, se esixe de xeito irregular por vía executiva impostos a moita xente que carece de recursos, non se fan bonificacións do IBI e non se aplican bonificacións nas taxas municipais”

 Deste xeito apuntou que “ademais, incúmprese o prazo de presentación e de aprobación dos presupostos. Se tiña que presentar a pleno antes do 15 de outubro e aprobarse antes do 31 de decembro.  “Por non falar de que o estado dos gastos e ingresos non está en lingua galega, como así debe ser cando é documentación pública e oficial”recalcou o socialista. “Falta documentación anexa, en concreto o Plan cuatrienal de investimentos, falta detallar investimentos anuais e a liquidación do presuposto anterior”.

 Rodríguez  denunciou que “o gasto destinado o alcalde e os concelleiros ascende a 34.0007,02 euros sen incluír gasto de teléfono, mentres que a partida adicada a novos investimento e de 16.536.00 Euros, non se pode consentir é semellante despropósito, recalcou o socialista.

 Notificacións da mancomunidade

 O concelleiro apuntou que “nos presupostos aparecen partidas de ingresos  dudosos, xa que a maioría están prescritas e a Mancomunidade do Ribeiro, presidida polo alcalde, os inclúen por si colan”. 

 Rodríguez denunciou que “nas notificación que se están enviando hai irregularidades, por exemplo non se identifica o nome do xefe de servizo de recadación. Indícase un regulamento que xa non está en vigor. Tampouco se informa do dereito dos cidadáns a consultar e obter copias do expediente, así como, non se diferenzan os procedementos iniciados antes e despois da entrada en vigor do regulamento 939/2005.

 Neste senso Rodríguez apuntou que “ isto non so é denunciada polo PSOE senón que hai un escrito dun particular que reflexa está situación e que nos ensinamos o plenario para que tivera coñecemento do mesmo”. Ademais engadiu que “ queremos transmitirlle os veciños que dispomos de escritos para que non teñan que pagar estes atrasos nas notificación da Mancomunidade.

 Propostas socialistas

 O socialistas de Leiro presentaron unha serie de propostas, que non foron aprobadas, nas que se recollían por exemplo, a revisión e modificación do IBI, a aplicación xusta do imposto de actividades económicas  o control das canteiras, a redución do gasto e das dietas dos membros da corporación, o control dos gastos correntes, especialmente de alumbrado  comunicacións e renegociar créditos e empregar as cantidades asignadas, e deste xeito poder amortizalas en pequenas obras no rural.  Ademais os socialistas  quixeron saber que ordenanzas están aprobadas polo concello, o criterio co cal se conceden as subvención as diferentes asociación, os ingresos en vía executiva e a canto ascende e débeda do concello.