Os socialistas piden a documentación das subvencións que tramita o concello de Leiro

1, Xuño 2012

Os socialistas de Leiro denuncian a "opacidade do Partido Popular sobre as subvencións que recibiu o se están tramitando no Concello de Leiro":

A denuncia pública dos socialistas ten que ver coa actividade que desenvolve o Grupo de Desenvolvemento Rural das comarcas Ribeiro-O Carballiño, que preside o propio alcalde de Leiro.

O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, explica que hai máis de tres meses, o 17 de febreiro, foi solicitada a documentación relativa a estas subvencións, pero aínda non se recibiu ningunha notificación para acudir a revisala.

Desta forma, os socialistas sospeitan que tal vez sexa porque non se están facendo as cousas ben e o PP non quere que a oposición fiscalice a súa mala xestión ou posibles irregularidades.

Os socialistas esixen que se lles facilite a documentación á que teñen dereito como representantes da cidadanía, ou acudirán á Xustiza para que se recoñezan os dereitos que se lles recoñecen por lei.