Os Socialistas piden explicacións polo que consideran "prematuro peche da piscina municipal"

11, Setembro 2013

A tempada rematou o pasado dia 8, recordan que "nunca na historia aconteceu esto, sempre se pechou a piscina coincidindo co inicio das festas".

O grupo socialista sospeita que o peche ten que ver "co mantemento totalmente nulo destas instalacións durante todo o ano , so a última hora e con presas, de aí as consecuencias, vasos en malas condicións, hixinene escasa e céspede calamitoso".

Non obstante felicitan "á empresa explotadora do bar, ao persoal de socorrismo e á empresa adxudicataria" e anuncian que solicitarán o contrato da concesión. Engaden dende o PSOE que "cando non queres traballar os servizos públicos pasan a mans privadas, ésta é a clara política dun partido e o seu afán privatizador".