Os socialistas preguntan se as instalacións do antigo balneario de Berán están abertas ou pechadas e tilda de irresponsable a actitude da Entidade Local

30, Xullo 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro lamenta a actitude do presidente da Entidade Local Menor de Berán por non dar resposta as preguntas que por escrito formularon dende a formación socialista sobre a situación actual das instalacións do antigo Balneario, asi como outras cuestións relativas ás responsabilidades do presidente da ELM, ao que tildan de "antidemocrático".

En concreto, os socialistas pregúntanse en que situación está na actualidade o antigo balneario de Berán ¿aberto ou Pechado? E se están pechadas ¿por qué motivo están sendo utilizadas? ¿hai algún cartaz advertindo que non poden utilizarse? A piscina exterior está chea de auga, polo que o grupo socialista pregúntase quen se fará responsable no caso de rexistrarse unha incidencia nestas instalacións, que son propiedade da Entidade Local Menor de Berán.

Tamén se interesan os socialistas polo novo balneario e, de forma expresa, peguntan sobre se houbo algún roubo nas súas instalacións e se fose asi, se foi presentada denuncia ante a Garda Civil. Finalmente, o PSdeG-PSOE mostra o seu interese por saber qué xestións se están levando a cabo por parte da Entidade Local Menor de Berán para o recoñecemento e promoción do Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros ao seu paso pola localidade.