Os socialistas trasladan varias propostas ao pleno da corporación municipal

24, Xuño 2013

A sesión plenaria corresponde celebrarse este xoves 27 de xuño, en vésperas das festas patronais de San Pedro na vila de Leiro.

O voceiro socialista no Concello , Manuel Rodriguez Vazquez , anuncia que a primeira das mocions esta relacionada a que se reconsidere a subida do IVE para Bens e Servizos Culturais polo Goberno de España, para que establezca o tipo reducido do IVE para as actividades culturais, como tamen propoñer e defender no seo das institucións da Union Europea, o establecemento dun IVE para a Cultura con tipo máximo por baixo do 10%. Proba de elo -manifesta Rodriguez- vese afectado por esta medida da suba do IVE  "o referente das Comarcas do Carballiño e o Ribeiro no tocante o cinema como non pode ser de outra maneira o Novo Cine de Leiro, e por eso presentamos esta mocion xa que e o maximo exponente publicitario a todos os niveis do noso Concello,  xa que despois da mala xestión levada a cabo polo goberno Municipal do Partido Popular tanto co Camping como tamen o Balneario de Beran, polo que eran os principáis motores economicos, e o Cine o que nos queda".

Tamen adiantan  desde o Grupo Municipal Socialista, outra das mocions,  relativa ás pensións no extranxeiro  "xa que moitos veciños vironse na obriga, tras os requerimentos da Axencia Tributaria a fin de acreditar as cantidades percebidas desde o ano 2008 ata este mesmo ano 2013, en concepto de pensións do extranxeiro, os socialistas de Leiro, solicitamos da Axencia Tributaria, que se exima dos exptes sancionadores as persoas afectadas, como tamen instamos o Goberno da Xunta aclaración sobre a obrigatoriedade de cotizar polas pensións do extranxeiro".

 Outra das mocions que traladan que propoñen trasladar ao debate plenario é a privatización do Rexistro Civil, "xa que suporía graves consecuencias tanto economicas como de outro tipo para os nosos veciños/as, xa que de pasar de ser gratuito unha partida de nacemento, matrimonio ou defunción, pasaria a costar como minimo entre 20 euros ou 30, e os máis grave e que desaparecería do noso Concello, e tendriamos que ir a capitalidade de Ourense, cos conseguintes gastos extras".