Os traballos no conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside sacan á luz unha tumba antropomorfa e outros achados.

19, Novembro 2021

O 15 de Novembro comenzaron os traballos arqueolóxicos no Conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside. Os traballos enmárcanse dentro do “Proxecto de Revitalización e Posta en Valor do patrimonio arqueolóxico das terras do concello de Maside”.

O conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside era ben coñecido pola veciñanza da localidades de A Casanova, Outeiro e San Miguel, xa que atópase en terreos do monte comunal de ditas poblacións. As últimas actividades realizadas no mesmo datan de mediados do século pasado, momento no cal se realizaban labores de extracción de pedra pois o granito da Santa Mariña era moi apreciado para a fabricación de lousas para lápidas. Ademais, a veciñanza comuneira utilizaba o espazo para a saca de “estrume”. Da súa boca chegannos as lendas sobre a Santa Mariña. Estas lendas, comúns por outra parte a outros lugares de Galicia e vinculadas sempre a cultos e rituais acuáticos, viñan a dar explicación a existencia de numerosas pías escavadas nas rochas do outeiro. Así, falába do “baño da santa” o o “forno da santa”, para dar explicación a unha destas pías situadas sobre o cumio do monte.

O conxunto arqueolóxico foi catalogado nun proxecto vinculado a creación do PXOUM e eran coñecida ademais da multitude de pías e petróglifos a base de cazoletas, unha necrópole medieval formada por un sartego de pedra e unha tumba antropomorfa escavada na rocha. Os materiais cerámicos e os diferentes elementos catalogados atestiguan unha primeira ocupación do conxunto arqueolóxico durante momentos finais da Idade de Ferro. Por outra banda a necrópole ten paralelos noutros espazos arqueolóxicos próximos datados na Alta Idade Media.

Durante Decembro de 2020, o colectivo Arqueolladas realizou, a petición do Concello de Maside, unha campa de prospección e desbroces no Conxunto arqueolóxico. Froito de esta primeira campaña de intervención delimitouse a área de ocupación do conxunto, se identificaron varios sectores da muralla do Conxunto, numerosos encaixes e labores de acondicionamento do espazo (soleiras, canalizacións, rebaixes para a colocación de muros...) típicos doutros castros da contorna.

Froito desta primeira fase, xerouse un proxecto de escavación e posta en valor que finalmente foi aceptado pola consellería de turismo e incorporada ao programa de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia. O proxecto inclúe, ademais da campa de escavación arqueolóxica, a realización dun sistema de carteleira para a implantación dun roteiro cultural que vincule o conxunto arqueolóxico ao Camiño Natural do Río Barbantiño, a elaboración dunha páxina web que difunda os resultados das escavacións e a realización dunha serie de actividades culturais e de difusión arqueolóxica (O Luns 22 se fará uha visita guiada para alumnado 1º da ESO do IES Chamoso Lamas, o día 6 de Decembro inauguraráse o Roteiro a traveso do Conxunto arqueolóxico, estánse organizando talleres e actividades co Colexio Público de Maside)

Os traballos arqueolóxicos pretenden datar e comprender a función dunha destas estruturas, un posible lagar escavado nun bloque granítico nunha das ladeiras do xacemento. Ademais, se realizará unha limpeza profunda do espazo coñecido como a Pía da Santa, un plataforma granítica que alberga un complexo sistema de pías escavadas na rocha así como unha necrópole altomedieval.

En canto aos resultados preliminares, identificouse e documentou completamente a tumba antropomorfa, coñecida só parcialmente. Nesta zona abríuse unha cata de 3x4 m e sacouse á luz unha tumba completa escavada sobre a rocha así como unha preforma de outra tumba que debeu ser desestimada pola rotura da mesma durante as labores de escultura. Identificouse numeroso material cerámico de época medieval así como elementos de cristal de rocha, material que non existe na xeoloxía local e que proban o seu transporte voluntario.

Realizouse outra cata nunha estrutura cuadrangular escavada na rocha, interpretada como un posible lagar. Documentouse a totalidade de dita pía así como un sistema de evacuación das aguas pluviais formado por varios rebaixes e canais.

Por último, estáse levando a cabo unha limpeza arqueolóxica na zona da Pía da Santa. Trátase dunha gran plataforma granítica que albergaba unha pía circular de 1,5 m de diámetro e 40 cm de profundidade. Durante esta labor de limpeza está saíndo á luz un complexo sistema de pías, canais e buratos para poste que nos indican a existencia posiblemente dun espazo de produción vinculado ao tratamento e transvase de augas da que aínda se descoñece a súa función. Logo de rematar os traballos de limpeza superficial neste sector realizaráse unha serie de fotografías aéreas para documentar a disposición e organización de todos estes elementos que parecen indicar a existencia de estruturas circulares e telladas, zonas de morteiros e “lavadoiros”.

Os traballos arqueolóxicos están coordinados por A. Rodriguez Sobrino e o equipo técnico está formado por membros do Colectivo Arqueolladas e a empresa Breogán Arqueoloxía. O proxecto é promovido polo Concello de Maside e financiado pola Axencia de Turismo de Galicia cunha contía de 24.623 euros.