Os venres de verán: este 12 de Agosto, de 12:30 a 14:30 horas emitimos dende o concello de Avión

12, Agosto 2016

Avión celebra este venres a 12ª edición da Festa Mexicana, con degustación da comida tradicional mexicana e música dos grupos de mariachis de Leonardo Flores e Fiesta Ranchera, que amenizarán a festa na praza da Igrexa de Avión.

COPE O Carballiño emite este venres a programación local dende a casa do concello de Avión, para escoitar o programa en directo podes facélo sintonizando o 91.9 da FM ou, a través de internet, na emisión global de COPE O Carballiño nesta mesma páxina WEB, pulsando "Radio en directo".