Outro motorista, o segundo en 10 dias, perde a vida na N-541, desta vez en Maside

25, Setembro 2009

O accidente tivo lugar hoxe unhos minutos antes das cinco da tarde, cando o motorista colisionou contra un camión, na estrada N-541, á altura do Concello de Maside, no cruce de Garabás, ún dos puntos negros para o tráfico, e no que se contabilizan varias víctimas mortais nos últimos anos. Atá o lugar do sinistro ordenouse o desplazamento dun helipcótero medicalizado con base en Ourense, que non chegou a aterrizar ó confirmarse o falecemento do home, veciño da localidade de Vilariño Frio, no Concello de Castro Caldelas. Atá o lugar do accidente tamén se desplazaron os efectivos do Grumir do Carballiño, Garda Civil de Tráfico, e unha ambulancia cun médico do Pac do Carballiño, que únicamente pudo certificar a morte do motorista. Trátase do segundo accidente de moto que se produce nun periodo de 10 dias na N-541 ó seu paso pola nosa Comarca, xa que o pasado dia 15 deste mes de setembro, outro motorista perdeu a vida ó sairse da via nas inmediacións do Alto do Paraño.