"Outros países, outras músicas" este sábado 11 de Setembro no Templo da Veracruz

8, Setembro 2021

O Festival, que este ano chega a súa sexta edición, xuntará a tres agrupacións polifónicas este sábado dia 11 de Setembro, a partir das 20:30 horas no Templo da Veracruz.

Ademáis dos anfitrións e organizadores, o Coro de Cámara Müsica Viva do Carballiño, actuarán as agrupacións "Coral Allegro de Vigo" e a "Schola Gregoriana Lucensis de Lugo".  Cada agrupación ofrecerá un repertorio composto por seis pezas musicais, entre as que escoitarémos temas moi coñecidos representativos de diversos países do mundo.

O Festival conta co patrocinio de FECOGA, Deputación de Ourense, Concello do Carballiño e Consellería de Cultura. O presidente do Coro de Cámara de Música Viva, Antonio Rei, e o concelleiro carballiñés de cultura, Diego Fernández, invitaron a todos os afeccionados á música a non perderse esta xornada musical.