Paco Fumega será alcalde sen maioria absoluta. PSdeG: 8 concelleiros. PP 6, BNG 2 e Alternativa Veciñal 1, a próxima corporación.

25, Maio 2015

Revolcón electoral no concello do Carballiño, fundamentalmente debido á debacle do Partido Popular, que non so perde a maioria absoluta - Marnotes tiña 9 concelleiros- senón que retrocede ata os 6 concelleiros (2.517 votos)

O gran gañador da xornada electoral é o socialista Paco Fumega, que será o próximo alcalde do Carballiño. Os socialistas pasan de 7 a 8 concelleiros (3641 votos), e quedanse ao borde da maioria absoluta.

O BNG logra, con Chema Ferreiro, doblar a súa representación na próxima corporación, obtendo 2 concelleiros (1023 votos).

E finalmente, tamén logra colarse na futura corporación municipal carballiñesa a Alternativa Veciñal  de Bernardo García, cun concelleiro (471 votos)