Paco Fumega sobre o concello do Carballiño "xa é practicamente unha sucursal da Deputación"

25, Xaneiro 2013

O portavoz dos socialistas considera que "o concello do Carballiño camiña cara a destrucción e a perda das conquistas democráticas que tanto nos custaron conseguir".

Fumega compareceu ante os medios para cargar contra a política de persoal do goberno municipal "a actual política laboral do concello e moi costosa para os veciños do Carballiño, e inicialmente ten unha finalidade, que o alcalde poida cumplir as súas promesas electorais e colocar ós seus, ós do Partido Popular, esa é a realidade, e o que non lle gusta ó alcalde entra nunha lista negra tipo caza de bruxas á americana", dixo.

Referíuse expresamente á decisión do goberno municipal carballiñes ao rescindir o contrato a catro traballadores adscritos ao departamento de Servizos Sociais, manifestando que "non ten explicación que unhos traballadores que foron declarados indefinidos por sentenza xudicial, que agora se despidan tendo que pagarlles 28.000 euros e se sustituian por outros, falamos de servizos de carácter permanente sobre os que nos consta o aumento da demanda nestes tempos nos que se precisan tanto as políticas sociais", recalcou Fumega.

"Practicamente esto é xa unha sucursal da Deputación, o alcalde non exerce, ao alcalde importalle pouco O Carballiño, para él O Carballiño non é nada, e o que está é a metade da semana ocupandose dos problemas do ERE na Deputación", subliñou o portavoz do grupo municipal socialista.