Parroquia e concello homenaxean ao expárroco Xose Benito Siero "pola súa colaboración e compromiso social co pobo do Carballiño"

17, Setembro 2020

Foi o único acto celebrado no Carballiño neste dia festivo sen festa, o recoñecemento institucional do concello carballiñés a quen foi o titular da parroquia de San Cibrán durante os últimos 28 anos, Xosé Benito Siero.

Ao acto asistíu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e representantes dos grupos municicipais de PSOE, Partido Popular e Espazo Común. O alcalde Francisco Fumega, que lle fixo entrega dunha placa e unha reproducción da Veracruz ao expárroco, salientou na súa alocución "a colaboración que sempre encontrei en Xosé Benito durante no dia a dia e para resolver calqueraa necesidade, como as axudas de alimentación a moitas persoas" destacando o seu compromiso social coa parroquia e o pobo do Carballiño.