A patinaxe artística regresa a O Carballiño, da man do Club Aehde e a Federación Galega, nunha competición que reunirá a 230 patinadoras

18, Maio 2021

O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra. O evento será sen público pola normativa federativa pero poderase seguer por streaming na canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.

O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 o sábado e o domingo de 10 a 14 horas. En cada unha das franxas horarias participarán clubs diferentes por protoloco, sendo a quenda dos anfitrións o sábado pola tarde. Esta é a primeira vez que se organiza un evento oficial destas características na provincia de Ourense, un dato de especial relevancia para o club organizador para darlle visibilidade a un deporte que está en crecemento na provincia e que de paso pode servir de dinamizador económico para a vila do Carballiño.