Pazos de Arenteiro unha vez máis no punto de mira

5 Jul 2010

Boborás (Redacción.Rocío Campos) Unha vez máis o BNG ten que denunciar o mal estado no que se atopa o camiño que vai dende a chamada "casa do médico" e o "puzo dos fumes", en Pazos de Arenteiro. Pazos de Arenteiro está considerado como Patrimonio Histórico, e como tal debe coidarse todo o seu entorno. O alcade sempre anda a presumir do moito que se fixo pola vila, pero este feito deixa moito que desexar. O que nos atopamos ó chegar e cun estado calamitoso en total abandono, de aí que non sexa a primeira vez que os concelleiros do BNG veñen a denunciar estas deficiencias "unha verdadeira desfeita despois dos cartos que se levan gastados que ascenden a moitos millóns das antigas pesetas". Pero o mal estado do camiño non só se atopa en Pazos de Arenteiro, senón tamén noutras rutas de senderismo que atravesan o concello. E agora contestarán o mesmo que sempre "estos non saben, non escoitan, están maliños e teñen que ir ós médicos".

Comentarios

Será maravilloso que en

Será maravilloso que en Boborás todo estivera perfecto. pero eu penso que non hai cartos e que é de valorar que o alcalde manteña uns servizos sociais tan importantes como os que temos e que o demais veña pouco a pouco. Non hai cartos para todo e hai que priorizar. É moi facil criticar cando non se xestiona. A min páreceme unha boa labor a que fai o PP en Boborás, aínda que non todo sexa perfecto, como en ningures.

Escoitei onte mércores ó

Escoitei onte mércores ó señor alcalde de Boborás e como case sempre deixoume abraiada. Non sabía eu señor alcalde que a oposición de Boborás, neste caso o BNG, tivese tanto poder decisivo a nivel nacional, xa que vostede di que por qué non recriminan o que fai Zapatero, que se a subida do IVE, que se as baixadas das pensións, etc. E digo eu: "señor acalde de Boborás ten toda a razón, mira que deixar que Zapatero nos faga ese tipo de cousas!" Pero, por outra banda, tamén penso: "se Cipriano non lles fai nin p... caso saíndose sempre por a tanxente e descalificando, que é o que mellor sabe facer, escoitará Zapatero a estes señores do BNG de Boborás?? Ai Don Cipriano, vostede e as súas paranoias... o planeta no que vive está fóra de órbita!!!!! "Cipriano en el país de las marabillas"..."que mágoa que a xente de Boborás non vivamos nese mesmo país... vivimos aquí, en Boborás!!"

Pois eu sumome as criticas ó

Pois eu sumome as criticas ó Sr. Zapatero. É vergonzoso como ten España. Cipriano vivirá no Pais das maravillas, pero saca medidas moi voas e de interese para os veciños. E para vivir nese Pais, que eu creo que so están os socialistas é capaz de non cobrar dietas e de reducir o seu soldo. Que todos se sumen a vivir en el País que vive Cipriano!!