A Praza Maior do Carballiño acolle a XX Feira do Stock do Centro Comercial Aberto, que contará cun programa de animación infantil.

9, Marzo 2023

Todo a punto, incluidas as condicións meteoroóxicaas que melloran a paritr deste venres, para a celebración da XX edición da Feira do Stock de Carballiño CCA, que se levará a cabo esta fin de semana , 10, 11 e 12 de marzo na Praza Maior.

O comercio local sae a rúa para incentivar as ventas e animar a todos os veciños da comarca e visitantes a mercar artigos de tempada con grandes descontos e a prezos de liquidación.

A apertura de portas levarase a cabo o venres 10 ás 17:00h e pechará ás 21:00h. Continuará sábado 11 e domingo 12 en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:30 a 21:00.

Para animar tamén aos máis pequechos da casa, haberá animación infantil a cargo da empresa da vila, Tempo Libre Máxico, na que se realizarán diferentes talleres, o sábado e domingo pola tarde.

O Carballiño CCA organiza o evento coa cofinanciación da Xunta de Galicia - Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. e a colaboración do Concello de O Carballiño.