Programación especial en Cope O Carballiño durante a xornada electoral

21, Maio 2011

A programación especial de Cope O Carballiño con motivo da xornada electoral terá un avance entre as 13 e 14 horas, durante unha hora esta emisora de radio ofrecerálles un resume do desenvolvemto da xornada de votacións en todos os Concellos do noso ámbito de cobertura informativa, con posilbes incidencias, e os índices de participación que se vaian rexistrando a esa hora. A partir das 8 da tarde, e atá ben entrada a noite, Cope O Carballiño situará en antena unha programación especial na que se irá avanzando o escrutino, tanto no Carballiño como no resto dos Concellos, un programa que terá continuidade atá coñecer os resultados definitivos.