Qué obras van facerse en Corzos? E as actuacións a través dos Obradoiros de Emprego? E o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela? Haberá novas vivendas de promoción pública? O alcalde de Maside contesta en COPE O Carballiño.

20, Marzo 2024

Na súa última intervención en COPE O Carballño o rexedor municipal masidao avanzou as actuacións que este concello vai levar a cabo a través dos dous Obradoiros de Emprego promovidos conxuntamente cos concellos do Carballiño e Boborás. 

José Manuel Iglesias tamén repasou outros proxectos nos que traballa o concello de Maside, entre eles o de erradicación do chabolismo na Fontela, as obras de mellora da rede viaria na zona de Corzos, a reforma da rúa Principal de Maside, ou as actuacións que quere acometer no Outeiro Grande e a contorna do colexio Terras de Maside, onde non descarta a construcción de vivendas de promoción pública.

Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao alcalde de Maside.