Recorren ante a Audiencia o arquivo do caso pola morte masiva de cans no ano 2009

12, Xuño 2013

Os ecoloxistas tamén piden á Audiencia que procese penalmente a dous traballadores municipais, o encargado de persoal e a concelleira de medio ambiente da época, polos feitos rexistrados na canceira do Carballiño.

O suceso remontase aos primeiros meses de 2009, tras descubrirse a morte masiva de cans na instalación municipais, unhos feitos que corroborou daquéla a Garda Civil tras a denuncia dos ecoloxistas.

Dende entón o Xulgado carballiñés acorda o arquivo do caso, e sucesivamente, a Audiencia ordena que se practiquen dilixencias. Agora, tras o último auto do Xulgado carballiñés, os ecoloxistas volven presentar un novo recurso ante a Audiencia no que piden a suspensión do arquivo e ademáis solicitan o procesamento pola vía penal para as persoas con responsabilidade na canceira da Medela durante os primeiros meses de 2010, cando aconteceron os feitos denunciados.