Repunte de contaxios na comarca: O Carballiño suma 10 casos, O Irixo 3, Boborás 1, San Amaro 1 e Cea 1.

22, Maio 2021

Dos 3 casos covid  que permanecían activos fai pouco máis dunha semana, pasamos hoxe a 16 contaxios na comarca carballiñesa, según a última actualización de datos do Sergas correspondente a este sábado dia 22 de Maio. 

Encabeza esta relación de concellos afectados con 10 contaxios activos O Carballiño, seguido do Irixo que rexistra 3 casos. Con 1 contaxio activo están Boborás, San Amaro e San Cristovo de Cea, respectivamente. Os demáis concellos da comarca non rexistran persoas enfermas de coronavirus a dia de hoxe.