Retiran a pancarta instalada á entrada da estación de tren pola "Plataforma pola defensa do transporte público do Carballiño e comarca"

24, Maio 2021

Dende esta Plataforma manifestan o seu disgusto pola retirada por parte de persoa descoñecida da pancarta reinvindicativa instalada a pasada semana por membros desta Plataforma á entrada da estación de ferrocarril do Carballiño.

"A conclusión que que hai persoas ou entidades que non están dispostas a cambiar a situación actúal do transporte público do Carballiño, e non so eso, senón que lles molesta que se reivindique a mellora de servizos, calificamos este ano como vergoñento e noxento", manifestan dende este colectivo nun comunicado difundido esta mañá.