Ricardo Perea, que non descarta volver presentarse, anuncia unha reflexión na que "o Partido Popular buscará o mellor candidato para O Carballiño"

26, Setembro 2022

A pasada semana era Franscisco Fumega quen avanzaba que optará a reelección á alcaldia do Carballiño para un novo mandato. Hoxe foi Ricardo Perea, o actúal portavoz do grupo municipal popular, en resposta aos ointes de COPE O Carballiño,  quen adiantou que "o Partido Popular ten que abrir unha reflexión e buscar quen pode ser o mellor candidato", para as eleccións municipais de maio de 2023.

"É o momento de facélo, como o resto de partidos supoño, non debe ser ésta unha decisión dunha única persoa, penso que o mellor para O Carballiño sería un alcalde do Partido Popular, e por eso o Partido Popular debe facer un esforzo para que sexa o mellor candidato posible, esa é a obriga do partido", dixo o portavoz dos populares, que encabezou por vez primeira a candidatura carballiñesa nas eleccións de 2019, coa que obtivo catro actas na corporación municipal.

Preguntado de forma expresa e concreta sobre se descartaría ou podería repetir como cabeza de lista dos populares carballiñeses, Perea manifestou que non descarta que tras ese periodo de reflexión que anunciou, él mesmo poida repetir como cabeza de cartel "igual que fai catro anos, eu sigo estando a disposición do meu partido", zanxou.