San Amaro pon en marcha os trámites para a aprobación do PXOM

15, Xullo 2011

A sinatura dun convenio que o Alcalde de San Amaro Ernesto Pérez ven de asinar co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustin Hernández, permitirá ó Concello de San Amaro financiar as obras de construcción de beirarúas entre O Cruceiro e a antiga escola de As Neves de Grixoa, ademáis nesta mesma parroquia crearánse dúas zonas de lecer, unha infantil con diversos xogos e outra para os maiores, ésta última consistirá na instalación dun parque biosaudable. A Consellería procederá nos próximos 20 dias a adxudicación deste proxecto, que terá un orzamento de 98.000 euros, foi éste un dos anuncios que fixo o rexidor municipal amarense no transcurso da súa intervención no programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño" que se emitíu este venres desde San Amaro. Outra das actuacións inmediatas á que tamén se referíu o Alcalde foi o proxecto de aforro enerxético que se vai implantar na parroquia de Eiras, por medio dunha achega económica de 100.000 euros que aporta o INEGA, e que renovará por completo as iluminacións públicas nas localidades desta parroquia. Tamén destacou Pérez "a obra de ampliación e mellora da Casa do Concello, que logo será xa unha realidade e que nos permitirá unha notable mellora das dependencias municipais e polo tanto nos servizos que prestamos ós veciños". Xa finalmente, O Alcalde de San Amaro fixou os dous grandes obxetivos para este novo mandato municipal, que serán " a apertura do centro de interpretación da cultura castrexa de san Cibrán de Las, que espero sexa xa unha realidade durante este ano 2011, e para o resto da lexislatura espero que antes de rematala poder dotar ó municipio de San Amaro dun plan xeral de ordenación municipal".