San Paio, un lugar con 12 veciños, celebra esta fin de semana o 300 aniversario da construcción da capela cunha actuación da Paris de Noia e outras actividades. Escoita aquí a entrevista a Secundino Álvarez.

A localidade de San Paio (12 veciños) no concello de Maside manteñen viva a tradición da festa-romaría de San Pablo que desde tempos inmemorais celébrase nunha capela que este ano cumple 300 anos da súa construcción.
Este sábado 25 de xaneiro, e cunha gran carpa para o público que se achegue, actuará a partir da medianoite unha das orquestras TOP de Galicia, a Paris de Noia. Ademáis, antes pola tarde, procederáse á inauguración dun cruceiro doado por unha familia oriunda do pobo ás 6 da tarde, coincidindo coa procesión a última misa da novena.
O domingo, ademáis haberá misas durante toda a mañá, e solemne ás 13 horas, despóis a tradicional subasta de productos da terra e a XIV edición da Festa do Cocido, cun prezo por comensal de 23 euros. Amenizarán a xornada o grupo de música tradicional Feitizo de Pau e o Dúo Os Trasnos.