Semana decisiva para a resolución da polémica do muro na praza da Veracruz

18 Apr 2010
O muro da polémica
O Concelleiro de Obras e Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que no transcurso desta semana visiten O Carballiño os responsables técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo e os redactores do proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, para comprobar o desenvolvemento da obra e, e concretamente, a construcción do polémico muro que provocou un gran rexeitamento social. A visita dos técnicos da Xunta tamén fora anunciada dias atrás polo portavoz do partido Popular, Argimiro Marnotes, tras contactos que mantivo ante os responsables da obra, e co mesmo propósito, que se revise este aspécto concreto do proxecto, a retirada do muro que resta visión sobre o monumento de Palacios desde a rúa Evaristo Vaamonde. Antes da visita Ó Carballiño, o Alcalde Carlos Montes e mailo concelleiro de obras serán recibidos na sede da Consellería, en Santiago de Compostela, polos responsables da obra, ós que trasladarán o rexeitamento ó muro en construcción, e tamén esperan traer noticias sobre as alegacións que no seu dia se presentaran a este proxecto, que están aínda sen resolver. A entrevista está fixada para este martes dia 20 de abril ás once da mañá. Conforme pasan os dias, faise máis patente a oposición dunha ampla maioria da sociedade carballiñesa contra o levantamento deste muro. Tamén ésta, foi a postura maioritaria manifestada polo movemento asociativo carballiñés, tal como os representantes de asociacións e colectivos transmitiron ás autoridades municipais na reunión informativa que se celebrou o pasado venres. Trala mesma, algunhos dos asistentes amosaron a súa indignación ó saber que o muro acadará una altura que chegará atá os 3,70 metros. Tamén foi evolucionado nas útlimas semanas a posición dos máximos responsables municipais. O Alcalde, Carlos Montes, que comezou xustificando e mesmo defendendo a existencia do muro como a mellor solución técnica posible, manifesta agora que "o concello está aberto a unha modificación do proxecto, sempre que non se paralice a obra". Mais coherente desde o principio da polémica foi a opinión do concelleiro de obras Manuel Amil, partidario de buscar unha solución consensuda e admitindo "que o muro non lle gusta a practicamente ninguén".

Comentarios

O que si está claro e que o

O que si está claro e que o muro ten que levalo para que a terra non se veña abaixo. E penso que se chegara polo menos a 3 metros de altor no sería moito.

Me alegra ver como "tanta"

Me alegra ver como "tanta" tabta gente está preocupada por nuestra iglesia...Y como defienden ese patrimonio cultural de todos los carballiñeses pero ¿donde estaban todos esos vecinos cuando se realizaron las pintadas en las fachadas de la Veracrzu y que a día de hoy nadie ha denunciado?, donde estaban todos esos carballiñeses de pro cuando los absides exteriores de la iglesia amanecían con botellas, condones y otros enseres propios de noches locas realizadas contra sus paredes?... a claro, es que ni el botellón, ni las pintadas de sus muros, ni otras cosas eran cosa del ayuntamiento y claro, si no me puedo meter con el ayuntamiento no me interesa la noticia...así es ocmo defienden estos carballiñeses a nuestro pueblo...no les importa nada de nada la Veracruz, ni el rio ni nada, solo politica, politica y politica, siempre que no estén los suyos... por cierto responsable de radio "libre e independiente"....cuando se quiere hacer una buena información lo suyo es hablar con todos los que puedan informar del tema...y cuando esos que hablan han cambiado de idea al ver los proyectos también deben poder hablar nuevamente...y sabemos que quién hablamos verdad?

O da enquisa da COPE, ...

O da enquisa da COPE, ... dame a risa. Non estamos a falar dunha porcentaxe da poboación, senón que estamos tratando con certa parte dos seguidores desta cadena local, que o único que fan é cizañar no persoal. Baixo qué parámetros se efectua esta enquisa, ou o que realmente é máis sangrante, quen decide dende unha visión completamente neutral que comentarios sacar en antena e cales non, ou que estudo de medios e análise poboacional fai esta radio (dende parámetros comúns a outro tipo de enquisas), para basear e reflectir os seus resultados como opinión xeral da cidadanía, é exactamente a mesma enquisa da NORIA. O vaso pode estar medio cheo ou medio vacío, pero o que é indubidable é que a cidadanía PASA, na meirande parte dos asuntos, non vai votar e ergue bandeiras antisistema persoal e logo pretende dirixir as súas balas contra os que mandan, o que lle fai falta ou o que nos fai falta aos/as carballiñeses/as, é involucrarnos na vida e nas decisións políticas da vila. Por que seguramente a xente que máis protesta é aquela que menos solucións aporta ou nalgún caso nin sequera ten alternativa.

ALCALDE DEMAGOXIA PURA E

ALCALDE DEMAGOXIA PURA E DURA.

Non sabía eu que agora lle

Non sabía eu que agora lle interesase tanto ao PP o urbanismo irracional, resulta que agora pretenden enmendar os erros do pasado especulatorio urbanístico, ou é que ninguén ten "memoria historica". Basta con poñerse diante do muro de marras e xirar 180º, e toparamos o "MURO" que os señores da dereita ergueron diante da igrexa, cunha altitude de 12 pisos, iso si que é un muro. Resulta moi barato criticar a xente neste foro e sobre todo tentar de enganar á opinión pública, cando un proxecto está a exposición pública é para algo, as alegacións hai que facelas antes, pero o peor de todo non é o muro senón o vial que lle ven moi direitiño á familia Marnotes ata a casa. Xa chega de distorsión, as cousas ao caso, a clase política deste pobo ten bastante que demostrar, pero aínda máis o ten a cidadanía, un exercicio de sinceridade persoal e deixémonos de críticas baleiras de solucións.

Non esquezas que mais perto

Non esquezas que mais perto dese vial vive a familia do señor Montes. Non esquezas que quen ten promovido e defendido ese muro na Parza e o Señor Montes. Non esquezas que quen ten obriga de defender o noso Patrimonio hoxe, e o Señor Montes. Por certo, e para deixar de falar de demagoxia, tampouco se dirá si no Carballiño estaba a dereita ou a ezquerda cando se fixo o propio Templo. Non esquezas que o partido político que se opón o muro sen complexos e o PP. Os outros dan tumbos e cando vexan que se pode soulcionar, van decir que foi pola presión deles. simplemente, non esquezas, e respeta a opinión do 78% que fala na enquisa de Cope Carballiño.

Eu coid que o muro é o de

Eu coid que o muro é o de menos o maís sangrante é que o sr. Marnotes quería un VIAL ( CALLE) DE 16 METROS .¿ Donde queda solar par facer a praza?. Canta demagóxica hai neste pobo

O MAIS SANGRANTE E O MAIOR

O MAIS SANGRANTE E O MAIOR PROBLEMA CENTRASE NA TORRE DE A VARACRUZ ESO SISE SANGRANTE, A VER SI TE ENTERAS LISTILLO?