A semana grande da festa do polbo presenta actividades a diario entre o 2 ao 11 de agosto

30, Xullo 2013

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) A programación da festa do Festa do Pulpo comezará a partir do venres 2 ás 23:00 horas cando se encenderá a iluminación nas rúas e na fachada do Concello, que tamén será utilizada para as festas do setembro, con algunha posible mellora. O sábado celebrarase o XX Festival de Habaneras no Auditorio Municipal ás 20:30 e unha orquestra actuará na Praza Maior. Este mesmo día pola mañá, ás 11:00, na Praza Maior haberá a Feira de Artesanía de Galicia.

O domingo 4 teremos a II Andaina Festa do Pulpo ás 9:00 que sae do Parque Municipal, e ás 12:00 a apertura da Feira da Mostra de Artesanía e Antigüidades na Praza das Galiñas e rúa Tomás Mosquera. 

O luns 5 terá lugar unha homenaxe a José María Otero Pérez "O Bastoncito", primeiro operario do parque dende 1934, no Parque Municipal ás 12:00. O luns e o martes ás 11:00 haberá actividades infantiles para os pequenos na Praza Emilia Pardo Bazán. 

O Carballiño volverá intentar conseguir a ración máis grande de polbo do mundo o martes ás 20:00 na Praza Maior, e coceranse 260 kilos de polbo. 

Dende o mércores 7 ata o venres 9 levaranse a cabo as Xornadas técnicas gastronómicas sobre o polbo na Praza Emilia Pardo Bazán con diversos restaurantes, e sendo a xornada do venres con especial dedicación ós cativos. Ademáis o mércores celebrarase a XXX edición das Xornadas de Folclore Internacional, con grupos de Serbia, Brasil e Filipinas na Praza Maior a partir das 22:30. 

Para os pequenos tamén se organizará un campionato infantil 3x3 de fútbol/baloncesto na Praza da Alameda os días 5,6,7,8 e 9 para o que haberá que inscribirse na Área de Educación do Concello do Carballiño. 

O venres día 9 teremos á 13:00 Sesión vermut na Praza Emilia Pardo Bazán, ás 20:30 o Fútbol do pulpo no que xogará o CD Arenteiro, e ás 23:00 verbena con orquestra na Praza Maior. 

Como cada festa do Pulpo voltará o concurso das camisetas de grupos xuvenís dende as 20:00 na Praza Maior e amenizado por un desfile e batucadas. Ás 00:00 farase a II Gran Tirada de fogos artificiais que como novidade será dende a Praza do Templo da Veracruz, e a continuación a Noite de Batucada polas rúas do Carballiño. O propio día da festa, domingo 11, as actividades estarán emplazadas no Parque Municipal e serán algunhas coma o desfile dos grupos folclóricos, o festival folclórico ou o xantar no recinto do concello. No Parque estarán 32 postos de polbo e no casco urbán colocaranse arredor de 20. A festa pecharase cunha nova verbena con orquestra na Praza Maior que acturará a partir das 19:00.