A Subdelegación do Goberno arquiva a denuncia da Policia Local contra Xulio Fernández e Bernardo García pola colocación dunha pancarta

7, Setembro 2009

Os feitos remontanse o paso mes de abril, cando a Policia Local do Carballiño denunciou ante a Subdelegación do Goberno ó representante de Matar por Matar Non e o Concelleiro do BNG Bernardo García, pola colocación dunha pancarta na Praza Maior do Carballiño e segundo se poñía de manifesto na denuncia remitida ó órgano gubernativo, por "impedir o tránsito habitual dos cidadáns". Na pancarta pedíase, daquéla, a convocatoria da comisión de investigación para aclarar a desaparición masiva de cans na canceira do Carballiño, nos primeiros meses do ano, e despois de que os ecoloxistas denunciasen diversas irregularidades no funcionamento desta instalacións municipais, que despois serían recollidas e ractificadas nun informe oficial do Seprona, que tras inspeccionar as instalacións constatou a desapariciòn de 73 cans e a existencia dunha fosa con ducias de animais mortos.

Tras a comunicación da Policia Local á subdelegación do Goberno, dando conta das protestas dos dous ecoloxistas na Praza Maior do Carballiño, abríuse un expediente sancionador por parte do órgano gubernativo cunha proposta de multa de 60 euros, tanto a Xulio Fernándeez como a Bernardo García. Éstos recurriron a resolución, e agora a Subdelegación do Goberno toma en consideración as alegaciós presentadas e resolve o arquivo da denuncia promovida pola Policia Loical do Carballiño, ó entender -como defendían os afectados- que os feitos denunciados non supuxeron alteración algunha para a seguridade cidadán.