Transportes e Mobilidade Sostible executará unha "conexión segura" coa N-541 en Punxín

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o tenente alcalde de Punxín, Eladio Fernández, que ven de recibir a confirmación por parte da Xefatura Provincial do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.
A nova conexión coa estrada N-541, unha vella demanda do concello e a veciñanza, faráse á altura da propia capitalidade municipal.
Escoita aquí a entrevista a Eladio Fernández: