Triunfo histórico do Arenteiro no seu primeiro partido en Extremadura, gañando ao Cacereño. Aquí podes ver os dous golazos do partido.

14, Setembro 2025

Primeiro desprazamento da historia do Arenteiro a terras extremeñas que vale outros 3 puntos para un Arenteiro que desta maneira asina o seu mellor inicio nas súas tres temporadas na Primeira RFEF.

Tras unha impetuosa saída ao partido do Cacereño, o Arenteiro foi progresando no encontro e pouco antes do descanso xogada antolóxica e cos mesmos protagonistas do gol ante Unionistas, Richarte envia unha enorme asistencia a Mingo e o dianteiro verde-hoxe con vestimenta negra- define á perfección axustado ao pau e facendo inútil a estirada do meta local, golazo dos que hai que merece a pena ver repetido varias veces.

Na segunda parte, tamén tras un bo inicio dos extremeños, o Arenteiro volveu golpear, con outra gran xogada de ataque que culminou Diego Moreno, 0-2 e regreso a O Carballiño con 3 pùntazos.

VideoResumen do partido:

https://www.youtube.com/watch?v=f_T6KGsLMbg

Cronica do partido no xornal extremeño "Hoy"

https://www.hoy.es/deportes/futbol/primera-rfef/cacereno-patina-exilio-a...

Cronica do partido en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2025/09/15/arenteiro-firmo...