Un Arenteiro con espírito práctico amarra os tres puntos na súa visita ó Covadonga (0-2)

17 Jan 2010
Sen excesos, ó práctico e tamén con algo de fortuna, asi se presentou o Arenteiro este sábado en Eiroás, onde calquera resultado que non fose a victoria sería un paso atrás para as aspiracións do equipo carballiñés. Eso sí, para asegurar os tres puntos houbo que esperar ós últimos suspiros do partido para que chegase o 0-2 da tranquilidade definitiva tras unha indecisión por parte da defensa do Covadonga . Antes, no ecuador da segunda parte Martín fixera xa o primeiro gol ó aproveitar un balón que non pudo atallar o meta local. O partido deste sábado tivo dúas partes nitidamente diferenciadas, unha primeira na que o dominio foi bastante alterno e na que o Covadonga pudo adiantarse dúas veces por medio de Iglesias. Tamén o Arenteiro tivo a súa ocasión nos primeiros campases nas botas de Diego soto. Na reanudación, o partido convertíuse nun monólogo do Arenteiro, sobre todo a partir de quedarse o Covadonga con dez trala expulsión dún dos seus dianteiros por protestar ó árbitro. Co 0-1 no marcadar o Arenteiro pudo marcar nun par de ocasións, e nunha delas Martín enviou o balón ó poste, tras esta xogada o carballiñés tivo que abandonar o terreo de xogo, mancado polo porteiro locatario coa súa impetusosa saída. En defintiva, o Arenteiro cumpliu o trámite e sumou os tres puntos ante un rival que non gaña desde o pasado mes de outubro. Unha victoria que sitúa os carballiñeses segundos na clasificación a un punto do líder Choco, e superando nun punto a Porriño e Estradense, os tres perderon nesta xornada, que resultou,pois, redonda para o Arenteiro.

Comentarios

si ganarlle o Covadonga supón

si ganarlle o Covadonga supón unha "heroizidade" entón o mellor será non volver o fútbol. Non existiu unha superioridade tan importante como para ir de "fenómenos". A ver qué pasa na segunda volta, lesións, tarxetas, falta de pagos.....etc e senón o tempo. Con esta directiva a cousa non vai pra lexos. ADOLFO e compañía DIMSION.

Animo Adolfo e cia! Xa

Animo Adolfo e cia! Xa veredes como o traballo da directiva, mister, xogadores e aficción nos vai a estar na pelea ata o final! Ainda q a alguns lle pese...

SI POR SUPOSTO, SON O ADOLFO

SI POR SUPOSTO, SON O ADOLFO E COMPAÑIA, DIME ONDE VIVES QUE CHE LEVO A DIMISION EN PERSOA

O que e unha HEROICIDADE e

O que e unha HEROICIDADE e que tendo durante moito tempo a metade do equipo titular lesionado, o equipo esta segundo a un punto do líder, pero bueno supoño que para disfrutalo hai que ser do Arenteiro, e non o señor Roñoso Agoreiro Malababa

Si señor, non podo estar maís

Si señor, non podo estar maís dacordo, aquí da a sensación que a veces algunhos son máis felices cando o Arenteiro vai mal, e confunden allos con cebolas. A min particularmente que con este equipo podemos aspirar a todo este ano, ascenso e Copa Deputación, por suposto que é un desexo, pero creo que non é ningunha utopia. Por suposto que hai moitos aspectos do club que ahi que mellorar, pero por historia, afección e base social o Arenteiro tén que estar en terceira, é a categoria que nos merecemos. E xa que parece que este ano temos unmha seria oportunidade debiámos todos facer piña e deixar as diferencias persoais para mellor ocasión. Nesta Directiva hai pesoas que están adicando moitas horas a esta proxecto e eso merece todos os meus respetos, independientemente de cál sexa o resultado deportivo final desta liga. E o primeiro en apoiar un chisco máis debería ser o Concello do Carballiño ¿qué pasa Dacal ? ¿qué pasa con Espiñedo ? cúmplese estes dias un ano desde que caeu o muro e alí está 12 meses despois ¿e a iluminación? ¿a qué estamos esperando? Esto sí que merece unha crítica, e a este paso algunha petición de dimisión, pero non precisamente para directivo algún do club, senón para outros...

Completamente de acordo co

Completamente de acordo co que dis, as críticas sempre son ó final de curso, ahora hai que remar todos na mesma dirección, sobre todo os que realmente queremos o Arenteiro, iso non significa poñer unha venda nos ollos, pero despois de todo o que pasou, estamos na parte noble da clasificación. Hai que loitar...o que si me parece un cachondeo é o de Espiñedo, unha VERGONZA, o tema da iluminación é de coña, e o do cesped despois de gasta 60000 euros hai menos de dous anos, e que ahora está como está...eso habría que pedir responsabilidades, porque é inadmisible...mirando como está Espiñedo ,que non olvidemos que é propiedade municipal, se esplica un moitas cousas do que pasa no Carballiño.

Non acabo de recuperarme

Non acabo de recuperarme deste orgasmo futbolístico da fin de semana, gañou o Arenteiro, perdeu o Madrid e gañou o Barsa, máis non podo pedir. A ver se segue a racha. Arenteiro e barsa campións este ano, e o Madrid mal será que non sexa subcampeón.

Jejeje, son das mesmas ideas,

Jejeje, son das mesmas ideas, Arenteiro ascenso, BarÇa campeón da liga e Champions...donde hai que firmar.