Un descoñecido Arenteiro acaba a domicilio coa imbatibilidade do líder Porriño Industrial (1-2)

16 Dec 2009
Un Arenteiro encoraxinado e cunha aptitude moi distinta a amosada o pasado domingo en Espiñedo, con capacidade e boa disposición, sorprendeu no campo do Lourambal atá o esta noite invicto lider da categoria, o Porriño Industrial, que sufríu asi a primeira derrota da temporada. O partido correspondia o campionato de liga na preferente, e fora aprazado no seu dia debido o elevado número de  baixas por lesión e enfermidade no equipo carballiñés. Tras o patinazo do pasado domingo ante o Nogueira, poucos eran os optimistas neste desprazamento ante o líder e neste partido nocturno no que o Arenteiro demostrou que fora de Espiñedo é un equipo moi distinto. Malia que o Porriiño afrontaba o partido mermado polas baixas de cinco titulares, por lesión e expulsiós, comezou adiantandose no marcador no minuto 41 de partido, tras unha indecisón en defensa entre Michel e Tacón, e asi se chegou o descanso. Na segunda parte o Arenteiro foi quen de remonatar o partido. No minuto 48 Martín lograba o empate a pase de Oliveira, e cando xa se xogaba o tempo de desconto, no m. 94 Tacón lograba o gol da victoria tras executar unha falta directa. Tres puntos de ouro para este sorprendente Arenteiro.

Comentarios

eu non sei que merito pode

eu non sei que merito pode ter esta victoria. 1º.- o porriño tiña 5 ou 6 baixas de titulares. 2º.- O Porriño expulsaronlle o millor xogador que ten os 10 minutos da segunda parte. 3.- o Arenteiro marcou no desconto, pero non de xogada, foi de falta directa. En resumo o Arenteiro xogou contra o Porriño- B, vaia "partidazo" e a directiva e o entrenador seguro que contentos coma unhas castañolas. Esto non e a solución e senon o tempo. Eu sigo pensando o mesmo que pensa a maioria de aficionados, ADOLFO..... etc DIMISION

Perdoa pero o Porriño só tiña

Perdoa pero o Porriño só tiña 3 baixas por sanción a do porteiro e a de dous defensas asíq oArenteiro non xogou contra o Porriño B nin moito menos. Durante o partido demostrou ser máis equipo que o Porriño e de ahi o xusto resultado. O Arenteirocontaba con más baixas que o Porriño, Fran, Xurxo, Valeiras, Agustín, e xogadores que xogarontocados como Currás, Oli.... asiq noraboa pola victoria, e a seguir asi rapaces

OU SEXA QUE O PORRIÑO VALELLE

OU SEXA QUE O PORRIÑO VALELLE COMO ARGUMENTO TER 5 O 6 BAIXAS ("SO ERAN 3") E O ARENTEIRO NON LLE SIRVE COMO EXCUSA TER 9 OU 10, O TEU ARGUMENTO E PENOSO, POR CERTO TEÑO O TELEFONO DO ADOLFO SE QUERES DOUCHO E DISLLE EN PERSOA O DA DIMISION, PORQUE PARECE QUE E UN TEMA QUE TE TEN OBSESIONADO

Quen ten que dimitir é o

Quen ten que dimitir é o entrenador non o Adolfo.

Pa que vexades que non so e

Pa que vexades que non so e criticar o equipo,como facedes habitualmente.............

Habitualmente o que hai que

Habitualmente o que hai que facer é critica, non abrazar as farolas...

Esta e sen dubida a tontería

Esta e sen dubida a tontería mais grande que lín en moito tempo, o que hai que facer se eres dun equipo e apoialo, para criticar faite socio do Ourense senon o eres xa

Meu can matou una

Meu can matou una mosca...puro espellismo...e sinon o tempo, ou se fai un cambio radical ou temporada perdida

descoñecido e desconcertante,

descoñecido e desconcertante, capaz do pior e do mellor, de non ser capaces de tirar de tirar a porteria ó colista a ganarlle a un líder invicto tras 16 partidos, incríble, pero asi é este Arenteiro, que non nos da unha alegria en Espiñedo e gaña todo fora. Pois ala, o domingo a gañarlle o Rápido Bahia en Cangas e para o ano... a volver a Espiñedo e xa verémos qué pasa...

Alguien podría poner la

Alguien podría poner la alineación q dispuso ayer Marquitos??? Creo q jugó Michel (juveniles) y muy bien...

La alineación fue la

La alineación fue la siguiente: Portero Iván,defensas: Jorge, Michel, Currás (Oliaveira minuto 30) Padín. Mediocentros: Iago Garrido, Tacón y Diego Soto. Banda derecha: Marcos, Banda Izquierda: Nícol , Delantero : Martín.

Alégrome por Tacón xogador

Alégrome por Tacón xogador carismático que o da todo en cada partido cos seus acertos e os seus erros, despreciado totalmente por este entrenador que tería que estar cesado fai moito tempo.

ALEGRMONOS POR TACÓN BUQUE

ALEGRMONOS POR TACÓN BUQUE INSIGNIA DO EQUIPO,PERO DE TODAS FORMAS ADOLVO DIMISIÓN E VAITE PARA CASA

Noraboa ó equipo, hai marxe

Noraboa ó equipo, hai marxe de mellora...