Un grupo de 13 estudantes do Carballiño e Boborás participan no programa de intercambio cultural con Irlanda

19, Xuño 2014

Alumnos dos dous institutos do Carballiño viaxaron este xoves rumbo a Irlanda, para formalizar así o primeiro intercambio entre estudantes dos dous países.

En total son 12 estudantes do Carballiño e unha estudante de Boborás, xa que son estes dous concellos son os que organizaron o intercambio e o futuro irmandamento coa localidade irlandesa de Oranmore.

Os rapaces e rapazas do Carballiño pasarán 7 días en Irlanda, aloxadas en casas familiares, compartindo e descubrindo asconstumbres e o idioma das súas familias de adopción, así como a cultura e as tradicións irlandesas.

Pola súa banda os alumnos irlandeses devolverán a visita aos seus compañeiros do Carballiño e Boborás, durante a primeira semana de agosto, onde descubrirán a cultura galega, nosas tradicións e poderán gozar de algo único e inigualable como é a Festa do Polbo.

Este intercambio xurdiu a finais do pasado ano, cando a senadora irlandesa Fidelma Healy, visitou O Carballiño e Boborás, invitada pola fundación Antón Losada.

Así dende os dous concellos se remitiron escritos para os alumnos de todos os centros educativos da vila que imparten a ESO, para que os interesados se inscribisen neste proxecto.

Finalmente, e tras a selección realizada, foron 13 os alumnos que viaxan a Irlanda, dende este xoves 19 de xuño ata o 26 do mesmo mes. Partiron ás 13:00 horas, dende a praza maior do Carballiño, onde foron despedidos polo alcalde carballiñés, o seu homologo de Boborás, a edil de Educación e o tenente alcalde do Carballiño.