Un penoso Arenteiro non pasa do empate (0-0) ante o colista Nogueira de Ramuín

13 Dec 2009
En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera  unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente. Pois este endeble rival foi capaz de tutear ó Arenteiro e, se temos en conta as ocasións que creou nos primeiros vinte minutos de partido, tampouco sería unha inxustiza que se houbese levado os tres puntos, e se non aconteceu asi foi pola candidez dos seus dianteiros e tamén, nun par de ocasións, polas excelentes intervencións do meta local Iván, acaso o único que pode salvarse do grotesto espectáculo que ofreceu este Arenteiro. Sen entrar a valorar que no equipo faltaban por lesión varios titulares, o certo é que sobre o terreo de xogo, os que sairon estiveron completamente perdidos e sen saber qué facer co balón, sen dar sensación de equipo en ningún momento. Na defensa, un coladeiro que non soubo aproveitar o Nogueira; un obtuso centro do campo e adiante un ataque romo ou practicamente inexistente, salvo dúas xogadas personais e ailladas, unha de Oliveira e outra de Martín, na que estivo a punto de soar a flauta. Foi todo o que ofreceu este paupérrimo Arenteiro que nos últimos seis partidos como local suma dous puntos, con catro derrotas e dous empates. E aínda así os máis fieis seguen achegandose a Espiñedo, eso si, unha afección tan decepccionada e fria como a tarde deste domingo 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, a protectora da vista, á que deberiámos encomendarnos porque a este Arenteiro parece ser que a vista élle a dun "tuerto" .

Comentarios

sr.Adolfo, sr Valiñas.....etc

sr.Adolfo, sr Valiñas.....etc GRAZAS polos servicios prestados, si de verdade sentides algo por C. D. Arenteiro presentade a dimisión,sede honrados con vos mesmos e deixade que sexan outros (que habelos hainos) os que dirixan o Club. Creo que queda demostrado ante todos os socios e simpatizantes de C. D. Arenteiro que fostes un puro "fracaso" ídevos para a casa e non o afundades mais . A ignorancia e moi atrevida e o mesmo que non vale calquer xogador para o equipo tampouco vale calquer" dirixente ". DIMISION XA.

Eu tampouco comparto algunhas

Eu tampouco comparto algunhas cousas deste Arenteiro pero parecese bastante forte e inxusto o comentario anterior, creo que hai que distinguir entre o deportivo e o social, e ter un pouco de respeto para unha xente que adica moitas horas o club, cos seus acertos e desacertos, pero coa intención de facélo o mellor posible, non son de xustiza este tipo de comentarios. Sei que coma min moitos recoñecemos o traballo que levan feito e están facendo en tempos precisamente nada fáciles coma os que estamos atravesando. Se "habelos hainos para que dirixan o club" xa terán oportunidade de facélo, de momento creo que calquera que sinta o Arenteiro o que debe desexar nestes momentos é que se reconduzca a situación deportiva, o demáis no seu momento, que agora non toca. Ánimo Adolfo, Valiñas e demáis membros do equipo directivo, ánimo e FORZA ARENTEIRO !

Quen debe dimitir é o

Quen debe dimitir é o adestrador non a directiva.

DIMISIÓN XA.XA E ARRIBA Ó

DIMISIÓN XA.XA E ARRIBA Ó CARBALLIÑO DE FUTBOL SALA,QUE ESTAN A FACER UNHA TEMPORADA DE CINE,PORFAVOR LOLO PQ NON FALAS UN BO RATO DA ENORME XESTIÓN DA SUA DIRECTIVA,ANIMO CARBALLIÑO E APRENDEDE OS DO FUTBOL.

ariiba o futbol sala e toni

ariiba o futbol sala e toni proximo alcalde de o carballiño

Non home non o alcalde do

Non home non o alcalde do Carballiño ten que ser o Chiquito de la Calzada, Lucas Grijander o teniente alcalde e Cañita Brava de Concellal de Deportes.

Hai moi pouca responsabilidad

Hai moi pouca responsabilidad a todos os niveis, os xogadores que a maioría deles son unhos mercenarios, (porque cobran e non coma moitos outros). Un entrenador, que sei de moi boa tinta que está esperando que o boten, unhos directivos que moitos deles están ahí polo que están, dedícanlle o tempo imprescindible o equipo, e así unha xestión dese tipo está abocada o fracaso. Eu entendo que cada persoa ten as súas ocupacións, que realmente é do que vive, pero si non hai tempo pois que non se meten en ningún xardin, o que se meta no C.D. Arenteiro sabe que che vai ocupar moito tempo porque aínda que parezca que non nun equipo de fútbol hai moitas cousas que facer. O que non é de recibo é levar o equipo de calquiera maneira, que é o que está pasando, e gastándose un montón de cartos, e xa levamos así unhos cuantos anos. Ah e outra cousa, cando aprendamos a valorar os xogadores na súa xusta medida, tanto os de fora como os da casa, pois creo que nos irá moito mellor. Porque Takón, Valeiras, Alex, son o mesmo de malos que Jonathan, Aitor, Fran...etc, e non lle mirar o domicilio. Hai unhos cantos anos xa tivemos un equipo con xogadores todos da casa, e alguén se acorda onde acabamos??. Dígovolo eu, na 1º rexional.

Eso que estas facendo é ser

Eso que estas facendo é ser oportunista, aquel ano acabouse en primeira rexional cos da casa por outras razons que todo o mundo sabe, marcharan todos os fichaxes porque non cobraban e houbo que botar man da escola de futbol...e se non recordo mal o ultimo ano que se ascendeu un gran porcentaxe dos xogadores eran de por aqui...mesmo o entrenador que senon recordo mal aquela tempada rematouna ramon despois de deixar o san amaro que daquela era filial...pero estou dacordo no que dis do entrenador, por suposto que está esperando a que o boten, a pasada seman comentoullo a un ex xogador do arenteiro que topou pola rúa, que non vou decir o seu nome porque non ven ó caso. Marquitos Vaite Xa!! Directiva Dimisión!!

Oportunista de que?. Iso xa o

Oportunista de que?. Iso xa o levo pensando dende hai tempo, non porque o equipo vai ahora mal. Eso que dis ti de que se acabou en 1º rexional cos xogadores da casa e se marcharon os outros no medio da tempada é FALSO, aquel ano, sendo Avelino presidente, empezouse con xogadores todos de por aqui, non se trouxera a ninguén da fora, e descenderamos xunto co Maside a 1º rexional, e inda máis, o ano seguinte en 1º rexional, tamén cos xogadores de por aqui casi baixamos a 2º rexional. Así que basta de tanta demagogia cos xogadores da casa, e coma todo, hainos bos e hainos moi malos, igual cos da fora.

e o ano seguinte quen o

e o ano seguinte quen o ascendeu??

Quen o ascendeu foi un

Quen o ascendeu foi un ascensor...¿ou foi un montacargas?...Xa non me lembro...igual foi a grúa municipal.

que triste e penoso ver a

que triste e penoso ver a C.D. ARENTEIRO arrastrarse po-los campos de futbol, un equipo que coa sua historia e o seo nome impoñía respeto en calquer lugar de Galiza. Xogadores de renombre ( de vigo, ourense) de calquer lugar querían vir a iste equipo. Pero claro o primeiro era primeiro, un presidente de peso e solvente. un directiva seria, responsable, traballadora, respetada e implicada con C.D. ARENTEIRO. Un entrenador que conocia o oficio, a categoria, e os xogadores válidos para o equipo, unhos xogadores que se implicaban, e levaban con orgullo o escudo de C. D. ARENTEIRO. POR FAVOR ADOLFO E COMPAÑÍA ÍDEVOS XA.

basta xa, basta xa de pensar

basta xa, basta xa de pensar na terceira e miremos por un arenteiro na preferente en zoa tranquila pero con cando menos metade do plantel da casa, deixemos xa de perder ós xuvenís que saen cada tempada da escola e teñen que ir xogar ó futbol sala, basta xa.

O que hai que facer e axudar:

O que hai que facer e axudar: Señor Adolfo, teña en conta esta lista: Mindo ou Ramon que son de aqui e senon Peluso que ten mais que demostrada a súa valía.

Onte o que deberíamos facer o

Onte o que deberíamos facer o rematar o partido e tirar almohadillas o campo e sacar panos blancos pola gran faena...que verdadeiro escándalo, levo ido a espiñedo ven anos, pero o que vin onte, roza o teatral, eu diria máis, un auténtico ridículo.

Pero como se pode decir que o

Pero como se pode decir que o Nogueira " é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente " cando acava de empatar en Espiñedo. Pareceme unha falta de respeto. Da unha imaxe de prepotencia innecesaria. Hai que analizar os erros propios e deixar os axenos de lado, pagarlle a unha plantilla e que sexa incapaz de ganarlle ó Nogueira (onde os xogadores non cobran) é de parvos que tiran cos cartos. Para a vosa información, na plantilla do Nogueira hai xogadores que competian co Arenteiro B a pasada tempada

O Nogueira é un equipo de 1ª

O Nogueira é un equipo de 1ª rexional que, excepcionalmente milita este ano en preferente, e ademáis coincido co cronista, o Nogueira foi o o equipo máis endeble que pasou e seguramente pasará por Espiñedo este ano, esa eche a realidade, un equipo no que ún dos destacados foi un ex-xogador do Arenteiro de 42 anos de idade. Ese foi o equipo ó que onte non se lle diu tirado nin xiquera unha vez á portería, repito, nin xiquera un tiro dentro da porteria en todo o partido. En canto o respeto ó rival, ninguén falta decindo que o Nogueira é o colista, agora mesmo estaría na 1ª rexional.

Para iso pasei onte o frio

Para iso pasei onte o frio que pasei, o que se viu onte en Espiñedo é un insulto ó fútbol, unha falta de respeto a masa social carballiñesa, por favor, o que non se cosidere capaz de levar todo isto que dimita dunha vez, e deixe de facer máis o incompetente.

A ceros cun colista que tiña

A ceros cun colista que tiña sete puntos a estas alturas da competición e este formidable adestrador que tgemos dí que "co que tiñamos bastante fixemos con empatar". Hai que ter "moito rostro" para despacharse asi despois de facer un ridículo tán espantoso. Menos ún, todos os que xogaron onte que eu saiba son sogadores da primeira plantilla ¿ou non? Eu diría, co que temos no banquiño bastante fai o equipo que está na metada da táboa. Sigamos asi, que imos polo bó camiño...

CATIVEIRO MOI CATIVEIRO Ó

CATIVEIRO MOI CATIVEIRO Ó PARTIDO DE ONTE,porfavor ADOLFO E COMPAÑIA DIMITIDE XA DUNHA VEZ E DEIXADE DE TOMARNOS Ó PELO OS SOCIOS DO CARBALLIÑO. DENDE o comezo da tempada xa se ven que as cousas veñesen facendo mal,un equip cativeiro sen ilusión,xogadores que veñen soamente a cobrar e a cumprir co expediente,onde está a cantira,os fichaxes de relumbron,onde está un entrenador con ideas frescas e innovadoras e non que traia os seus amigos que primeiro estiveron con él no PABELLON e no OURENSE e agora veñen rebotados do VERIN,eses cos que sale de copas ou vai de parranda por ourense. LOLO CARRIL,esto non pode seguir asi non se pode nin se debe seguir a xogar cos sentimentos dunha enorme afición coma a do ARENTEIRO,basta xa,esta directiva debe por o seu cargo a disposición da masa social do ARENTEIRO, e ter un pouco de vergonza e non por encima criticar a exemplar laboura da directiva do CARBALLIÑO FUTBOL SALA,que atraves da sua sencillez,humildade e constancia están a facer un labor encomiable,por eso porfavor ADOLFO DIMISIÓN.

Esto é unha verdadeira

Esto é unha verdadeira VERGONZA, estannos tomando o pelo a todos, pero ises que se creen, son unhos verdadeiros impresentables, empezando primeiro pola maioría dos xogadores, e rematando por un mister que xa nin siquera indicacións da. Marquitos, si non eres capaz de endereitar o rumbo (cousa que teño clarísima), abandona o barco. Esto é indignante... e por certo eu fago unha pregunta, ¿para que puxemos os focos no campo?...serán para adornar as vellas torretas...sen comentarios

O Arenteiro non ten a vista

O Arenteiro non ten a vista dun "tuerto", ten a dun chosco, rediola. Cumpríalles ben o adestrador e os xogadores ire ás novenas de Santa Lucía, a de Santa Rita, a de San Xudas Tadeo e a tódalas novenas que organiza o párroco de Lobás. E de paso a directiva os podería mandar a todos eles ó Corpiño por se estan gafados ou enmeigados.