Un único positivo en coronavirus na comarca do Carballiño entre os 550 test feitos ata agora no estudo de seroprevalencia que realiza o Sergas

4, Maio 2020

Os datos son relevantes polo volume de test realizados xa na comarca, 82 nos concellos de Piñor e San Cristovo de Cea que forman parte do SAP de Coles, e os 468 no SAP do Carballiño, que agrupa aos centros de saúde de Punxín, Maside, San Amaro, Boborás, O Irixo, Beariz e O Carballiño.

Tras realizarse polo tanto un total de 550 test neste estudo de seroprevalencia do Sergas, tan so se confirma que unha persoa deu positivo en covid-19.  O número total de test previstos a realizar no conxunto dos nove concellos da comarca neste estudo epidemiolóxico é de 755, pero a tendencia é clara e moito tería que variar, o que parece xa moi pouco probable, polo que se confirma que a circulación do virus na comarca foi moi baixo.