Veciños e propietarios denuncian deficiencias na execución do proxecto da rúa Alexandre Bóveda

13, Febreiro 2010

A nova rúa Alexandre Bóveda convertiráse próximamente nunha importante arteria para o tráfico urbano no Carballiño, xa que evitará ter que circular polo centro da vila para os vehículos que accedan desde a Estrada de Ribadavia atá ás rúas Alberte Vilanova e Ourense. O que era un antigo camiño de carro nunha boa parte do seu percorrido, e de dirección única, pasará a ser agora unha rúa apta para a circulación en doble sentido, con beirarrúas e unha calzada que terá entre 10 e 12 metros de ancho, dependendo do tramo. O Alcalde, Carlos Montes, prevé que a obra, que se está executando, quede rematada o vindeiro dia 28 deste mes de febreiro, de tal maneira que a partir de marzo poderá xa abrirse ó tráfico. Tamén coincidíu con estas prrevisións o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recordou como este proxecto, que conta cun orzamento de 400.000 euros, corresponde o Plan E do pasado ano 2009. O novo vial xa estaba contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor desde o ano 1999, e tal como aparece no mesmo, cun ancho de 10 metros nun dos tramos, mentres que noutro chega atá os 12. Algunhos veciños e propietarios da zona están sendo moi críticos có proxecto,xa que "é unha chapuza que a rúa non teña o mesmo ancho". Ademaís, aseguran que unha parte da mesma vai quedar sen saneamento, "algo que non se entende cando se fai unha obra así, deixar unha rúa sen saneamento".