A visita do Depor completa a pretempada do Arenteiro ante a súa afección en Espiñedo

18, Agosto 2021

O Arenteiro, aínda imbatido nesta pretempada, recibirá en Espiñedo este venres dia 20 de Agosto ás 19:00 horas ao Deportivo da Coruña no que será o último partido que xogarán os verdes ante a súa afección en Espiñedo antes de que no próximo mes de Setembro se inicie a liga de Segunda RFEF, na que competirá o equipo carballiñés.

A este partido co Depor chega un Arenteiro que aínda non conseguíu derrotar ningún dos equipos aos que se enfrontou nesta pretempada, precisamente tamén en Espiñedo recibíu a outros dous rivais -que igual aos coruñeses-  militarán mesma Primeira RFEF, como foron o Celta B ao que o Arenteiro derrotou por 3-0, e este mércores 18, no que os verdes empataron 1-1 ante o Racing de Ferrol, en ambos partidos deixando moi boas sensacións. Tamén en Espiñedo, o Arenteiro empatou 1-1 co Coruxo, co que se encontrará este ano na mesma categoria. Nos outros dous partido de pretempada o Arenteiro gañou en Barbantes por 4-0 ao Lugo B e empatou 1-1 co Fabril Deportivo en Abegondo.

Neste novo test ante un rival de gran nivel como é un Deportivo, os socios que xa retiraron o seu carné terán de novo entrada gratís, mentres que para o resto do público o prezo da entrada será de 15 euros, podendo adquirirse desde este xoves dia 19 no local de atención ao público na rúa Rosalía de Castro, e tamén o propio dia do partido na taquilla de Espiñedo.

Para a última semana de Agosto, outros dous amigables para completar a posta a punto do equipo, ambos a domicilio, co Racing Vilalbés e o Centro de Deportes Barco, respectivamente.