A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada Cea-A Barrela, mentres que alcaldes e axentes sociais reúnense para esixir a execución da autovia de Lugo

24, Abril 2018

A Consellería de Infraestructuras ven de adxudicar as obras de reforzo do firme na estrada entre o concello de Cea e a localidade de A Barrela, no chamado Eixo do Riberio, cun investimento de 436.000 euros.

Estas actuacións comezarán no vindeiro mes de maio e foron adxudicadas á empresa Grupo Bascuas, cun prazo de execución de 4 meses.

Os traballos complementarán aso levados a cabo pola Xunta en 2016, mediante os que se ampliou a plataforma da estrada.

Fronte Común para esixir a execución da Autovia de Lugo

Alcaldes dos concellos das provincias de Lugo e Ourense, entre eles os de Cea e Carballedo, xunto a empresarios e outros axentes socias, reuniránse este mércores dia 25 en Chantada para acordar unha fronte común, esixindo dunha vez por todas que se reactive este proxecto que acumula varios anos de retraso.

Na actualidade, tan so está en obras un pequeno tramo nas inmediacións da Barrela, e no proxecto de orzamentos do Ministerio de Fomento para 2018 tan so se contempla unha partida de 10 millóns de euros para o tramo A Barrela-San Martiño.