A Xunta avanza cara á ampliación do parque empresarial do Carballiño en máis de 1,2 millóns de m2

25, Agosto 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza na tramitación da modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia ( PSOAEG) que permitirá a ampliación do parque empresarial do Carballiño en máis de 1,2 millóns de metros cadrados. Así llo trasladou hoxe o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, aos alcaldes do Carballiño, Francisco José Fumega, e Maside, José Manuel Iglesias, cos que mantivo unha reunión para abordar os últimos pasos dados pola Xunta con relación á revisión do PSOAEG, actualmente sometido a avaliación ambiental.

Nesta reuníón de traballo no concello carballiñés, tamén participiou  Argimiro Marnotes, na súa condición de Coordenador da Unidade Sur de XESTUR. Unha vez superado este trámite, está previsto que a aprobación inicial da modificación prodúzase no mes de novembro e a definitiva, en 2022. O novo documento contempla o crecemento do polígono  coa urbanización de dúas novas zonas, unha das cales estará en terreos do concello do Carballiño e a outra no de Maside.

En total, a ampliación do parque ocupará unha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados, estando previsto no propio Plan sectorial que a urbanización sexa realizada pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou da empresa pública Xestur. Unha vez incluído o novo ámbito industrial no PSOAEG, tamén será o IGVS o encargado da tramitación do proxecto sectorial do parque empresarial. Coa ampliación do parque xa existente para dar servizo aos municipios limítrofes do Carballiño e Maside, a Xunta de Galicia facilitará a implantación de novas empresas na zona, dotando de chan empresarial aos dous concellos.

Actualmente fai falta lembrar que o IGVS dispón de tres parcelas dispoñibles no parque carballinés, cunha superficie total de 9.117 metros cadrados e unha bonificación do 50% no prezo de venda das mesmas.