A Xunta entregará ao concello a obra da Praza da Veracruz este xoves

17, Xuño 2013

O acto está previsto para as seis e media da tarde deste xoves dia 20 de Xuño, e será solemnizado por un grupo de gaiteiros que interpretarán o himno do antigo reino de Galicia.

Os asistentes terán ocasión de comprobar nun panel o estado anterior e posterior á execución desta obra. No transcurso do acto intervirán o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández, e o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.