"Xynthia" pasou pola Comarca con ventos superiores ós 100 kms hora, e sen provocar incidencias graves

27, Febreiro 2010

Non foi "Xhyntia" tan fero como nolo pintaban, e tan só por unhos minutos parecía asemellarse a aquél "Klaus" de xaneiro de 2009,  finalmente foise da Comarca sen facer moito ruido nin tampouco demasiádo mal. Tan só entre as cinco e as seis e media da tarde se rexistraron na xeografia comarcal refachos fortes de vento por enriba dos 100 Kms. hora. Foi entón cando se produciron cortes na subministración eléctrica, tanto na zona rural como na propia vila do Carballiño, ónde faltou o suministro por espacio de 15 minutos. E ademaís, pequenas incidencias que foron atendidas por Protección Civil, que tivo que retirar algunhas árbores caídas sobre as vias púlblicas. Na rúa Carmen, o vento derrubou a chimenea dunha casa e optouse por cerrala ó trafico, tanto automobilístico como peonil. Tamén se cortou a circulación na rúa Solana, debido ó desprendemento de tellas dun edificio, mentres que na rúa Calvo Sotelo os efectivo de Protección Civil procederon a derrubar un muro que ofrecía perigo de caída sobre a beirarúa. Varios coches, que estaban estacionados nas rúas do Carballiño resultaron danados polo desprendemento de obxetos, e tamén se contabilizaron algunhos contenedores do lixo rotos. Antes, pola mañá, as advertencias sobre a gravidade do fenómeno meteoróxico, que foi bastante menos do anunciado, reducíu a feira carballiñesa á súa mínima expresión, xa que a maioria dos vendedores ambulantes nin xiquera chegaron a instalar os seus postos e o ambiente comercial foi moi escaso.