Desenrolado por coroa.es
O Partido Popular esixe do alcalde do Carballiño que anule a orden de suspensión do turno de noite na Policia Local do Carballiño previsto para esta semana, entre o 5 e o 11 de Outubro. Os populares tamén piden ao alcalde que cese ao concelleiro de Seguridade.
Doutra parte, o Oficial Xefe da Policia Local fai público un comunicado no que aclara a súa postura sobre este asunto.
O Alcalde Francisco Fumega compareceu ante os medios para transmitir ante a cidadanía "unha mensaxe de absoluta tranquilidade" e salientou que está garantida a seguridade a través da Garda Civil "que reforzará as noites con dúas patrullas", anunciou o rexedor.
Fumega manifestou que " non é desexable pero trátaase dunha situación herdada" e remarcou que o concelleiro Adolfo Nogueira conta coa súa absoluta confianza e apoio. O propio Nogueira lamentou as críticas do Partido Popular, xa que as mesmas -dixo- teñen como finalidade "alarmar" á cidadanía.
Para ver os comunicados de prensa de Partido Popular e da Xefatura da Policia Local, prema nos arquivos adxuntos:
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-suprime-o-servizo-nocturno-de-policia-local-durante-esta-semana-o-partido-popular
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-suprime-o-servizo-nocturno-de-policia-local-durante-esta-semana-o-partido-popular
[3] whatsapp://send?text=O concello suprime o servizo nocturno de Policia Local durante esta semana. O Partido Popular esixe responsabilidades e o alcalde considera que
[4] http://www.copecarballino.es/print/43971
[5] http://www.copecarballino.es/sites/default/files/Comunidado%20Xefe%20Policia%20Local.pdf
[6] http://www.copecarballino.es/sites/default/files/Nota%20de%20prensa%20do%20PP.doc