O goberno municipal do Carballiño recibe na casa do concello ao novo cónsul de México en Galicia, Alfonso Pereira

O goberno municipal do Carballiño deulle a benvida esta mañá ao novo cónsul de México en Galicia, o ourensán Alfonso Pereira. O alcalde en funcións, José Castro-Gil; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a concelleira de Asuntos Sociais, Silvia Baranda, e a concelleira de Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, recibiron no salón de plenos ao cónsul. A reunión permitiu establecer contacto e abordar futuras líneas de cooperación e colaboración entre ambas institucións.

“Estamos moi contentos de que o consulado mexicano estea, por primeira vez, na provincia ourensá, trátase dunha moi boa nova para os numerosos carballiñeses que emigraron a México e que retornan cada ano”, foi a mensaxe que lle trasladaron ao consul tanto o alcalde como o resto dos concelleiros. Pola súa parte, Alfonso Pereira agradeceu a recepción e comprometeuse a colaborar en todo o posible co Concello do Carballiño. “Esta é a primeira de moitas reunións”, asegurou.

Compartir en: