A Concellería de Educación ofrece o seu apoio á nova ANPA do CEIP Calvo Sotelo do Carballiño
A concelleira de Educación do Carballiño, Lorena Castro, recibiu na Casa Consistorial á directiva da nova asociación de pais e nais do CEIP Calvo Sotelo. A ANPA Escola Activa púxose en marcha no mes de abril co obxectivo de construír un colexio máis participativo e activo, no que as familias aporten ideas e iniciativas no día a día do centro. Durante a reunión, Castro deu conta da “total colaboración” do Concello coa asociación e puxo en valor o importante papel deste tipo de entidades nos centros educativos. “En todo o que sexa posible, estaremos aquí para axudarvos”, resaltou. A concelleira…