Mes: mayo 2026

O Grupo Provincial Socialista insta á Deputación a “acabar coa exclusión industrial da provincia e a defender a sanidade no rural”

O Grupo Provincial Socialista insta á Deputación a “acabar coa exclusión industrial da provincia e a defender a sanidade no rural”

O Grupo Provincial Socialista levou ao Pleno da Deputación de Ourense dúas mocións para a defensa dos intereses da provincia: a primeira, para esixir equidade territorial nos Proxectos Industriais Estratéxicos (PIE) da Xunta de Galicia; e a segunda, para reclamar a recuperación dos servizos sanitarios eliminados nos hospitais comarcais e implementar un plan de reforzo da sanidade pública no rural ourensán. A primeira foi rexeitada co voto negativo do PP e a abstención do BNG. Malia a posición en contra so PP, a segunda saíu adiante co respaldo de todos os grupos da oposición. O voceiro socialista na Deputación e…
Read More

D. Oliver Formoso Sánchez -D.E.P.-

Faleceu aos 30 anos. Os seus pais: Gonzalo Formoso Fernández e María Dolores Sánchez Sánchez. Irmá: Sheila Formoso Sánchez. Avoas: Aurora Fernández e Celsa Sánchez. Tíos, pirmos e demáis familia, agradecen unha oración. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o domingo dia 31 de maio ás sete e media da tarde desde o tanatorio García Aliende de Ribadavia ata a igrexa parroquial de Santa María de Vilar de Condes-Carballeda de Avia, na que se celebrará o funeral, posteriormente procederáse á inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse o domingo dia 31…
Read More
O PSdeG-PSOE denuncia ante o Consello de Contas “a opacidade, irregularidades e uso político” da Mancomunidade do Ribeiro

O PSdeG-PSOE denuncia ante o Consello de Contas “a opacidade, irregularidades e uso político” da Mancomunidade do Ribeiro

O PSdeG-PSOE na Mancomunidade do Ribeiro vén de presentar un novo informe diante do Consello de Contas de Galicia no que denuncia unha xestión “escura, arbitraria e afastada do interese xeral” por parte do goberno da entidade supramunicipal, presidida por Francisco José Fernández, alcalde de Leiro e senador do PP. Na presentación pública do informe participaron o secretario xeral da agrupación do PSdeG-PSOE de Cenlle, José Rodríguez Veloso; o secretario de organización do PSdeG-PSOE de Ourense, Antonio González Fiuza; e a deputada socialista no Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta; que se desprazaron ata Santiago para presentar o informe na…
Read More

1º Cabodano Dña. Purificación Rodríguez Cibeira -D.E.P.-

Veciña de Grobas-Piñor, falecida en Nueva York, aos 72 anos. Os seus primos: Carmen, Lola, Manolo e Celia. Primos políticos:Paco, Suso, Hortensia, Alicia e Manolo. Afillada: Lucía. Demáis primos, e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á misa de funeral de cabodano que terá lugar este sábado dia 30 de maio ás cinco da tarde, na igrexa parroquial de Santiago de Torcela-Piñor, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
José Antonio Cerdeira, novo presidente local do PP “buscarémos o mellor candidato á alcaldía do Carballiño, incluso fora do partido”

José Antonio Cerdeira, novo presidente local do PP “buscarémos o mellor candidato á alcaldía do Carballiño, incluso fora do partido”

O Partido Popular do Carballiño inicia unha nova etapa co recente nomeamento de José Antonio Cerdeira como presidente da xunta xestora local, e coas vistas postas en maio de 2027, cando se celebrarán as eleccións municipais que renovarán a corporacións municipais e alcaldías. O novo responsable dos populares carballiñeses defende o traballo do grupo municipal e o pacto de cogoberno co PSOE no concello carballiñés, e anuncia que o próximo candidato do PP á alcaldía para o ano que ven sairá dun proceso interno que buscará á persoa idónea "mesmo fora do partido", subliñou. Escoita aquí a entrevista en COPE…
Read More
Falece unha muller  e outra persoa resulta ferida grave nun accidente de tráfico na OU-504, nas inmediacións da rotonda de Ariz

Falece unha muller e outra persoa resulta ferida grave nun accidente de tráfico na OU-504, nas inmediacións da rotonda de Ariz

O suceso rexistrouse a primeira hora desta tarde de xoves na OU-504, dentro do territorio municipal do concello de San Cristovo de Cea, a pouca distancia da rotonda de acceso á autovia de Santiago, preto da gasolineira de Ariz, e nunha colisión na que se viron involucrados dous vehículos. Unha muller, de 60 anos natural de O Val de Vilaseco (Cea) e veciña do Carballiño faleceu no mesmo acto do accidente, e outra persoa, un home, resultou ferido grave, sendo evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de Ourense en estado crítico. A Garda Civil reorganizou o tráfico na zona mediante…
Read More
Pazos de Arenteiro retrocede máis de 200 anos ao pasado histórico con “1809-A Batalla”

Pazos de Arenteiro retrocede máis de 200 anos ao pasado histórico con “1809-A Batalla”

O Concello de Boborás presentou esta mañá, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha nova edición de “1809. A Batalla de Pazos de Arenteiro”, a única festa de recreación histórica napoleónica que se celebra na provincia de Ourense, e que terá lugar o vindeiro 30 de maio de 2026. Na rolda de prensa participaron a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; a presidenta da Asociación Cultural “1809. A Batalla”, Elvira Santiago; o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o xefe da Área Provincial de Ourense da Axencia de Turismo de Galicia, Cecilio Santalices. Durante a presentación destacouse…
Read More

D. Manuel Carnero Pagán -D.E.P.-

Faleceu en Sadurnín (Cenlle) aos 89 anos. Esposa: Mari Cruz Bueno Rodríguez. Fillas: María Isabel (+) e Sonia Carnero Bueno. Fillo político: Secundino Rodríguez Gómez (Cuco). Netos: Bruno e Candela. Irmá política: María del Pilar Bueno Rodríguez. Sobriños, primos e demais familia. Agradecen unha oración e a asistencia á conducción o venres día 29 de maio as doce da mañá dende Tanatorio García Aliende de Ribadavia (sala Avia) ata a igrexa parroquial de San Xoán de Sadurnín (Cenlle) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O “boom” inmobiliario no rural continúa á alza no Carballiño-O Ribeiro. Escoita aquí a Óscar Garriga.

O “boom” inmobiliario no rural continúa á alza no Carballiño-O Ribeiro. Escoita aquí a Óscar Garriga.

O perfil do comprador é moi variable, tal como comentou en COPE O Carballiño Óscar Garriga, promotor inmobiliario que desde Cea canaliza unha gran parte das operacións que compra-venda que se están a levar a cabo en moitas aldeas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Familias mozas, nómadas dixitais, xubilados e persoas que apostan pola tranquilidade do rural ante os prezos que non deixan de medrar por un piso en calquera cidade. E nalgunhos casos, comentou Garriga, con operacións ultrarrápidas, nas que vendeu casas a compradores que pecharon a compra sen nin xiquera visitalas previamente. Escoita aquí a entrevista…
Read More
Os Socialistas instan ao goberno do concello de Cenlle para que promova unha auditoria de contas externa que aclare a “trama da auga e a xestión económico-financieira dos últimos anos”

Os Socialistas instan ao goberno do concello de Cenlle para que promova unha auditoria de contas externa que aclare a “trama da auga e a xestión económico-financieira dos últimos anos”

O PSOE entende que sería a via indicada para aclarar todas as irregularidades sobre a chamada "trarma da auga" neste concello ribeirán, tras denunciar a oposición municipal -PSOE e BNG- un posible caso de malversación de fondos públicos, ao detectarse que o diñeiro cobrado aos usuarios do abastecemento de auga figuraba como pagado, pero non estaba claro o seu destino. Foron as reclamacións de Augas de Galicia reclamandolle ao concello o pago do canon autonómico, o que fixo en outubro de 2025 saltar as alarmas. Os socialistas consideran como insuficientes as explicacións do goberno que preside a popular Rebeca Sotelo,…
Read More