A concellería de Servizos Sociais emitíu no último mes 150 certificados de vulnerabilidade a migrantes empadronados no Carballiño, facilitando a regularización das persoas estranxeiras
A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Carballiño tramitou 150 certificados de vulnerabilidade entre a poboación migrante do municipio. Trátase dun documento necesario para a regularización de persoas estranxeiras, ao abeiro do Real Decreto que entrou en vigor o pasado 16 de abril. “Estamos colaborando co Ministerio para que todas as persoas que queiran traballar o poidan facer”, destaca Silvia Baranda, concelleira de Servizos Sociais, quen recorda as dificultades de regularización antes do Real Decreto. “Moita xente non daba conseguido cita na Subdelegación do Goberno para tramitar os papeis necesarios e non podía traballar aínda que quixese”, lamenta. Desde…