Segundo a información que trascendeu este mércores dia 24 de xuño a Garda Civil, e no marco dunha investigación por un presunto delito de tráfico de drogas nunha vivenda do Carballiño, tivo coñecemento que no domicilio encontrábase un home retido contrra a súa vontade, como se fose en arresto domiciliario, un feito detrás do que estarían outro home e unha muller, unha parella que esixía á nai do primeiro o pago de 500 euros para saldar unha débeda.
Axentes da Unidade de Seguridade Cidadán da Garda Civil entraron no domicilio para liberar á persoa retida. Durante a intervención localizouse á persoa privada de libertade, situación na que levaría desde o pasado sábado dia 21, foi encontrado con múltiples lesións. Según as mesmas fontes, o retido manifestoulles aos axentes que lle esixían o pago dunha presunta débeda e que durante o seu cativerio recibíu varias malleiras por parte do home e amenazas cunha motoserra.
Na intervención, procedeuse á detención dun home, de 30 anos de idade. Mentres, a muller, de 28 anos de idade, conseguiu fuxir polo tellado do edificio de 5 plantas -abandonando durante a súa fuxida no tellado unha bolsa con 50 gramos de cocaína- sendo detida nunha terraza anexa doutra vivenda do mesmo edificio.
Os detidos foron postos a disposición xudicial do Tribunal de Instancia do Carballiño, decretándose prisión provisional para ambos, sendo acusados de senllos delitos de detención ilegal, agravados á súa modalidade de secuestro, lesións, ameazas, tráfico de drogas, así como un delito de quebrantamento de condena para un deles.
No rexistro do domicilio incautáronse báscula de precisión, caderno con anotacións de operacións de venda de droga, 250 euros, así como diversos obxectos utilizados durante a detención ilegal para ameazar e lesionar ao secuestrado. Tamén se interveu unha chaqueta, relacionada cun delito anterior, procedéndose a imputarlle ao home outro delito de roubo con violencia e intimidación.


