O Concello de Boborás acometerá a primeira fase da mellora da contorna da igrexa románica de San Martiño de Cameixa coa axuda de Turismo de Galicia
O Concello de Boborás, un dos concellos con maior riqueza patrimonial de Galicia, levará a cabo a primeira fase das actuacións de integración paisaxística, mellora funcional e accesibilidade na contorna da igrexa de San Martiño de Cameixa, no lugar de Morouzón, unha intervención que busca poñer en valor un enclave de enorme importancia histórica, arquitectónica e social para a parroquia de Cameixa e para o conxunto do municipio. A actuación desenvolverase ao abeiro do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás, co obxectivo de avanzar na recuperación, ordenación e dignificación deste espazo…