Día: 13 de julio de 2026

O Concello do Carballiño traslada a Festa DJ do Pulpo á explanda das Barcias para maior seguridade, unha decisión polémica entre a rapazada

O Concello do Carballiño traslada a Festa DJ do Pulpo á explanda das Barcias para maior seguridade, unha decisión polémica entre a rapazada

O Concello do Carballiño decidiu trasladar este ano a Festa DJ, que se celebra de maneira paralela á Festa do Pulpo, á explanada das Barcias, unha medida adoptada co obxectivo de reforzar a seguridade dos milleiros de asistentes que cada edición participan neste evento, cuxa afluencia medrou de maneira exponencial nos últimos anos. De feito, tense convertido nun dos platos fortes da Festa do Pulpo pola concurrencia, o que fixo que na última edición xa se desbordase o espazo onde tradicionalmente tiña lugar, caraterizado polo seus desniveis. O cambio afecta unicamente á Festa DJ. O resto da programación da Festa…
Read More