Espazo Común tilda de erro o cámbio de ubicación para a Festa da Xuventude na festa do pulpo e rexeita as explicacións do concello
O portavoz de Espazo Común na corporación municipal, Adolfo Nogueira, pasou polo "Mediodia de COPE O Carballiño" para contestar ás declaracións da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, neste mesmo programa culpando a Espazo Común de estar detrás desta polémica. Adolfo Nogueira afirmou que a decisión é política, e que o informe da Policia Local "sabemos a que responden este tipo de informes" foi posterior, e preguntouse se a mesma Policia Local pode emitir un informe sobre a idoneidade do novo emprazamento das Barcias nunha zona o lado do rio e sen sombra. Escoita aquí a intervención de Adolfo Nogueira: